6.6 C
Santa Comba
sábado, marzo 9, 2024

Investidores chineses analizan o sector agroalimentario galego

//Mantiveron un encontro coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez// Estudan posibles investimentos en Galicia//

Segue a administración e os empresarios da República popular China xogando as súas cartas no país de Breogán, a comunidade española preferida para facer negocios, ben sexa en asteleiros, conserveiras, bazares, moda, ou incluso tentando a un clube de fútbol histórico como é o Celta.

Esta mesma semana, unha delegación do goberno de Hunan, unha provincia de máis de 66 millóns de habitantes, mantivo unha xuntanza coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez e coa directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, para estudar posibles investimentos.

O interese prioritario céntrase no sector agroalimentarios. A conselleira explicou a “posición punteira de Galicia” nos sectores lácteo, vitivinícola, cárnico e forestal en áreas nas que a comunidade “ten aínda marxe de crecemento”.

A delegación está composta pola representante en Europa da provincia de Hunan, Wen Fei, o CEO de China Center de París, Hong Tian, o presidente de OSA (Oficina de Arquitectura Sostible), Francisco Concejo, e os socios da consultora internacional Axperia Ventures, Armando Priegue-Freire e Enrique Luis Sánchez Arias. 

Os investidores chineses xa levan tempo cos ollos postos en Galicia. E tamén a nosa comunidade leva sendo o destino dos seus investimentos. Segundo Datainvex, un portal de datos do Ministerio de Economía, nos primeiros seis meses de 2016 investíronse máis de sesenta millóns de euros, a metade dos fondos totais que entraron desde o ano 2011.Iso sen contar grandes operacións como a de Rodman ou de Citic Censa. Galicia é a comunidade española preferida, e semella que a tendencia vai a continuar. 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos