6.4 C
Santa Comba
martes, marzo 19, 2024

Compromiso pídelle á Xunta que non esconda a súa morosidade

O partido galeguista pon o acento nas entidades que tardan en pagar máis de 250 días aos seus provedores e que pertencen ao goberno galego.

Compromiso por Galicia difundiu un comunicado de prensa no que acusa ao goberno galego de ocultar a súa xestión con exercicios “de cinismo e ilusionismo político” que botan por terra “a boa xestión da que fixo bandeira o presidente do goberno buscar votos por todo o noso territorio e polos platós de televisión”.

A forza galeguista alerta da situación de entidades públicas como Galaria ou o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que acumulan atrasos no pagamento a provedores de máis de 250 días, e non disimulan a súa preocupación ao tratarse de “dous organismos relacionados coa sanidade e os servizos sociais”.

“Un goberno debe predicar co exemplo”

Para Compromiso por Galicia a situación é máis grave ao confirmarse a existencia “dun feixe de organismos dependentes da administración que non renden contas ao ministerio”.Lamentan que estamos ante unha nova mostra da “política trileira” do executivo autonómico.

“Un goberno debe predicar co exemplo, respectar os prazos de pago, render contas con transparencia, porque senón estará, como é este o caso, enganando a todo un pobo e confirmando a súa incapacidade para xestionar este país, máis alá da propaganda e das mentiras” engaden no seu comunicado.

 

IRPF maternidade 

Esta semana,Compromiso por Galicia tamén solicitaba que se devolveran de oficio as cantidades cobradas pola Axencia Tributaria en concepto do IRPF nas prestacións de maternidade.

Facíanse eco dunha sentenza que ven de condenar á Axencia Tributaria e afirman estar convencidos de que “as políticas de fomento da natalidade non son a solución á grave crise demográfica que padece Galicia, pero é necesario cando menos non lesionar os intereses de quen decide emprender o camiño da maternidade e da paternidade”.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos