//Feijóo afea a Ana Pontón por un voto en contra da transferencia da AP-9 en 2007 a unha proposta do PP// A portavoz nacionalista ofrece un pacto real para acabar cunha “estafa legalizada”//
“Galicia non se vai a conformar con menos do que lle corresponde”
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o seu goberno “vai a seguir plantexando a transferencia dá AP-9” aínda consciente dixo de que “non vai a ser fácil” e pediu a unión de tódolos grupos parlamentarios “para que o goberno de España vexa que hai unha proposta única”.
Feijóo entende que hai “posibilidades legais” e lembrou o seu discurso de investidura diante de Mariano Rajoy onde afirmou que “Galicia non se vai a conformar con menos do que lle corresponde”.
Ana Pontón propón un pacto para acabar coa estafa legalizada
Foi a resposta á voceira do BNG, Ana Pontón, que cualificou de “estafa legalizada” a situación da autoestrada “da que xa levemos pagados 2.300 millóns de euros en peaxes” e que provoca que saia “máis caro viaxar desde A Coruña a Vigo que desde A Coruña a Madrid”.Pontón criticou que “leva oito anos prometendo a transferencia”e pediulle ao presidente que se sumara “a un grande acordo de país para conseguir unha AP-9 galega e libre de peaxes”.
Na súa réplica,Ana Pontón, insistiu en ofrecer un pacto e lamentar que Feijóo acudira ao Parlamento cun “titular precociñado”. Demandou unha postura firme diante do goberno do estado. Vai dicirlle ao Sr. Rajoy que as primeiras autovías teñen que ser as de Galicia? preguntou.
Na súa intervención final, Alberto Núñez Feijóo, foise a hemeroteca para recriminar ao BNG que dicía que “a autoestrada era unha navallada para o país” nun exercicio de “nacionalismo ramplón”.O líder popular manifestou que o PP mantiña a petición cando estaba no goberno e tamén na oposición e recriminou o voto en contra de Ana Pontón e do BNG a unha proposición non de lei en 2007 na que se pedía a citada transferencia.