O secretario xeral do Partido Socialista na provincia da Coruña, Julio Sacristán, pensa que a situación do partido está sendo “superextraordinaria” e considera “imprescindible” a celebración dun Congreso extraordinario que debería celebrarse “antes de Semana Santa”.
“Non podemos seguir nesta situación” declaró Sacristán nunha entrevista no programa “Galicia por Diante” da Radio Galega, onde asegurou estar “canso” de como están as cousas e ten claro que a actual xestora non pode perpetuarse.
A reflexión de Julio Sacristán na Radio Galega
Julio Sacristán manifestou na Radio Galega:“A xestora de Madrid nos debería chamar, falar e expoñermos claramente que é o que queremos. Nós non podemos continuar un ano máis nesta situación provisional, cunha xestora que leva moito tempo; nós tamén recoñecemos que leva excesivo tempo e que as xestora son para situacións extraordinarias, pero é que a situación en Galicia se está a converter en superextraordinaria, polo que antes da Semana Santa ten que celebrarse un congreso en Galicia”.
Con todo isto, Sacristán non está dacordo coa proposta que xurdiu desde Vigo e defende que “a xestora actual é legal, foi nomeada por unha executiva federal e representa á realidade do partido”. E polo tanto é o momento de traballar polo congreso:”Hai concellos que non son tan importantes como Vigo pero teñen o seu peso no conxunto en Galicia e non tratamos de impoñer as nosa xestoras” declarou Sacristán.
O secretario provincial posicionouse a posible “ampliación da xestora e traballar por un congreso extraordinario” pero baixo a presidencia de Pilar Cancela porque “non hai motivo para cambiala”.Insistiu na necesidade “de acortar os prazos” e non “eternizarse” con novas xestoras e que desde a dirección de Ferraz se convoque o cónclave para que os militantes decidan.