//Malestar no BNG polo «desaloxo» das dependencias parlamentarias/ “Creo que as instalacións son do Parlamento non dos grupos políticos” resposta Luís Villares.
A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego cualificou de “desaloxo” o traslado do seu partido a outras dependencias parlamentarias e lamentou que “os compañeiros e compañeiras de En Marea se confundan de inimigo”. Ana Pontón dixo sentir “moitísima tristeza” por unha situación que fai que cada vez haxa máis persoas que se alonxen da política.
Pontón amosouse “abraiada” coas prioridades de grupos que falan da “gran coalición en Madrid” e na Mesa do Parlamento acadan unanimidades: «Non entendemos que non se respecten os acordos da Cámara e os cambios sexan á costa dun agravio a outro grupo, neste caso ao grupo parlamentar do BNG». Tamén criticou a “soberbia coa que se pode entrar nunha institución” en alusión ao grupo parlamentario de En Marea.
Resposta Luís Villares
Pola súa banda, o voceiro de En Marea, Luís Villares respostou:” “Dírixomos á mesa do Parlamento pedindo unhas instalacions acordes coa dimensión do grupo parlamentario. Creo que as instalacións son do Parlamento non dos grupos políticos”. Neste senso, Villares insistiu en que solicitaron unhas dependencias e “ lle corresponde á Mesa do Parlamento distribuir as instalación en función das súas necesidades e da súa propia dimensión”.En Marea ocupará as oficinas que viña utilizando o BNG.