11.5 C
Santa Comba
martes, abril 23, 2024

Yolanda Díaz»Necesitamos á xente organizada na rúa»

//Autocrítica postelectoral:”Creo que tódalas persoas que dimos mitins vimos que algo fallaba”// Denuncia un bloqueo permanente de PP e PSOE ós gobernos da Coruña, Santiago e Ferrol// 

A coordinadora de Esquerda Unida e deputada estatal de En Marea,Yolanda Díaz, recoñeceu que os resultados das pasadas eleccións autonómicas non foron os que se agardaban:”Tiñamos outras expectativas.Non traballábamos para este resultado.É moi duro que Alberto Núñez Feijóo mellore o seu resultado. Sacou máis votos que no 2012 e temos que facer autocrítica”.

“Creo que tódalas persoas que dimos mitins vimos que algo fallaba. Non sei o que fallou,pero creo que o noso discurso é o da disputa democrática, é o do discurso das estafas groseiras que está vivindo a xente. Non sei que fallou, non sei que fallou, pero creo que iso si temos que facelo en En Marea, tomarnos en serio estas cousas, non para tirarnos trastos á cabeza nin moito menos, senón para mellorar” apuntou Díaz nunha entrevista na Radio Galega feita polo xornalista Xavier Ares.

Boicoteo permanente aos gobernos do cambio

Tamén se referiu a situación dos gobernos da Coruña, Santiago e Ferrol e criticou o “desprezo” e a falta de respecto institucional do presidente da Xunta de Galicia e ao “boicoteo  permanente” do PP e do PSOE “porque non están condenando nin castigando a Xulio Ferreiro, Martiño Noriega e Jorge Suárez. Están castigando á cidadanía e iso en democracia ten un nome moi feo.

Yolanda Díaz rexeitou ás filtracións internas sobre as peticións de Luís Villares para exercer a súa laboura:”Combato todas as filtracións. Estas e todas as demais.Como levamos un ano con filtracións, paréceme que é bastante feo facer estas cousas. É unha mala praxe política”

.

Sobre o futuro inmediato de En Marea opina que hai que ensanchar a Marea e incorporar a toda a xente que non está” e lonxe das visións partidistas hai que estar na rúa:”Necesitamos á xente organizada na rúa porque veñen tempos duros con recortes con privatizacions”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos