10.9 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

Unións Agrarias espera que esta sexa a lexislatura do rural

//Estudan presentar unha denuncia contra Lactalis na Audiencia Nacional// Roberto García:“non chega con códigos de boas prácticas, hai máis dun ano do acordo histórico de Madrid e seguimos parados”// Unións Agrarias valora positivamente os movementos que se están a dar no sector lácteo//

o secretario xeral de Unións Agrarias espera que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cumpra os seus compromisos e “esta sexa a lexislatura do rural” e ademáis está convencido de que a “aritmética parlamentaria” estatal permitirá trasladar os problemas dos gandeiros as cortes españolas.

“Non chega con códigos de boas prácticas, hai máis dun ano do acordo histórico de Madrid e seguimos parados” lamentou o dirixente agrario no programa Galicia por Diante da Radio Galega, emprazando á administración a “tomar decisións para a mobilización de terras porque hai unhas 600.000 hectáreas que están paradas” e que servirían para abaratar custes aos agricultores e evitar focos de incendios.

Roberto García opina que “o banco de terras non resolve o problema” e debe recurrirse a “elementos coercitivos sen tocar a propiedade privada”. Outro dos retos é que se garanta o relevo xeracional nas explotacións e se resolva a fenda que existe entre o medio rural e urbano.Desde Unións Agrarias tamén se propón un replantexamento da Política Agraria Común, para apoiar aos gandeiros activas xa que “España ten marxe para decidir”, e que se traballe para “poñerlle valor engadido ao que producimos”. Para o sindicato moitas das solucións dependen “da vontade política”.

Roberto García tamén expresou a súa preocupación pola necesidade de regular a figura dos primeiros compradores:”non hai garantía de que os primeiros compradores respondan das débedas”. Asegurou que teñen identificadas unhas 200 persoas que levan varios meses sen cobrar o leite que producen.Tivo palabras para a distribución que “utiliza o leite e o aceite para ganar clientes e estrangula a formación de prezos”. Con todo isto, García declarouse “medianamente optimista” pola suba dos prezos de intervención do leite en pó e da manteiga, pola unión das cooperativas Xallas, Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños, ou polo anuncio da construción por parte de Dairylac dunha torre en Melide por parte de  .”É unha boa noticia que se traballe e son pasos adiante” dixo.

O líder de Unións Agrarias tamén confirmou que manteñen o boicot a Lactalis e están estudando a posibilidade de presentar unha denuncia na Audiencia Nacional por un presunto “delito de maquinación para alterar o prezo do leite”.Roberto García pide que Lactalis “cumpra en España o comportamento que ten cos gandeiros franceses”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos