Unha persoa faleceu estre mediodía tras unha colisión frontal entre dous vehículos na A-45, na autovía de Lavacolla, en Santiago, á altura da saída da Sionlla, en sentido Lugo.
Segundo a TVG, a vítima tiña 22 anos e era do Milladoiro. No fatal accidente víronse implicados un camión que ía baleiro e un turismo. Desde a central de emerxencias 112 mobilizaron ós bombeiros, ao helicóptero de urxencias médicas e efectivos da Garda Civil de Tráfico.
O Citroen Xantia que conducía o mozo quedou destrozado e foi necesaria a excarcelación do corpo do falecido.A Garda Civil de Tráfico investiga as causas do accidente xa que a vítima circulaba en sentido contrario pola autovía e había boa visibilidade.