13.3 C
Santa Comba
sábado, abril 6, 2024

A FAEPAC ofrece asesoramento gratuíto sobre a factura eléctrica

Novo servizo para consultar erros nas facturas eléctricas, explicación dos conceptos da factura, optimización da potencia contratada ou reclamacións ante as compañías eléctricas. 

A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña(FAEPAC) ven de poñer en marcha un servizo de asesoramento personalizado sobre facturación eléctrica e aforro enerxético, destinado aos cidadáns da provincia da Coruña e totalmente gratuíto.

Os técnicos deste organismo dependente da Deputación provincial da Coruña están a disposición dos veciños da provincia que poderán resolver dúbidas ou facer consultas ao través do correo electrónico consultas@faepac.org ao que se poden enviar facturas ou preguntas que serán analizadas polo personal especializado da FAEPAC. Erros nas facturas eléctricas, explicación dos conceptos da factura, optimización da potencia contratada, reclamacións ante as compañías eléctricas, aplicacións de medidas de eficiencia enerxética ou a elección da tarifa máis axeitada, son algunhas das posibilidades que se ofrecen desde hai uns días.

É un novo servizo da FAEPAC que se completa coa atención personalizada que se presta nas oficinas de As Pontes e Cerceda e tamén por vía telefónica.Tamén se desenvolven periodicamente charlas informativas en distintos concellosEsta fundación, creada en 2006, prestou servizos de análise e control de facturación eléctrica durante o ano pasado a 18 concellos da provincia, permitíndolles importantes aforros na súa factura, que nalgúns casos superaron os 50.000 euros anuais.O teléfono da FAEPAC é o 981 102 111.

A sede da entidade está en: Casa da Enerxía, Rúa Alcalde José Vilaboy Pajón, s/n. 15320 As Pontes (A Coruña).

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos