4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

“Estamos nunha fase de construción e isto vai requirir tempo»

//Xoán Bascuas non optará a reelección pero insiste en que Compromiso por Galicia ten que “ocupar un espazo que está baldeiro na realidade”// A apelación ao voto útil e o grao de descoñecemento, causas dos malos resultados//

O secretario xeral de Compromiso por Galicia,Xoán Bascuas, anunciou o pasado sábado que non continuará no seu posto despois do congreso ordinario previsto para o mes de xaneiro.

Nunha entrevista no programa “Área Pública” que dirixe Susana López Carbia na Televisión de Galicia, Bascuas analizou os malos resultados electorais acadados por Compromiso situando a causa “máis poderosa” do retroceso na “apelación ao voto útil” xa que “a xente entendía que íamos ter moi complicado obter representación e preferiron optar por alternativas ou opcións que tiñan máis fácil entrar no Parlamento”.O político galeguista tamén lamentou a discutida ausencia no debate electoral da TVG:”se eu estivera no debate da TVG, a xente coñecería máis a Compromiso”.Tamén sinalou que “cunha maior presenza nos medios de comunicación probablemente outro galo cantaría”.

Xoán Bascuas incidiu ademais “no grao de descoñecemento”que hai da formación e aínda que pensa que “estamos nunha fase de construción”, entende que “o noso discurso político é de fácil acollemento por parte da cidadanía”. E o secretario xeral de Compromiso foi máis lonxe:“Somos aceptados como unha segunda opción electoral por moita xente pero non termina por materializarse como primeira”.

Preguntado polo posible papel do alcalde de Lalín; o secretario de CxG afirmou que o papel de Rafael Cuíña “é o que el quere ter e será o que el queira” e destacou o “papel referencial” que ten nun partido que debe aspirar a “ocupar un espazo que está baldeiro na realidade”.Xoán Bascuas aposta por seguir “forxando esta forza política” e “hai que ir gañando cada espazo centímetro a centímetro” porque “hai espazos que tardan en fraguarse”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos