18:01-El segundo avance de participación desvela una participación similar a 2012. Si en el primer avance la participación superaba en dos puntos a los datos de hace cuatro años, en el avance de las cinco de la tarde los porcentajes se igualan, e incluso se reducen los votantes en dos centésimas menos situándose en un 42,48%, por debajo del 42,50% anterior.
15:50-En el primer avance Ourense era la provincia con una mayor participación, un 18,24%. La media autonómica es de 15,01%, dos puntos más que en 2012.Por provincias Ourense 18,24%(15,79%), Lugo 15,20%(13,03%), A Coruña 14,70%(12,41%), Pontevedra 14,21%(11,95%)
15:11-O candidato do Partido Popular de Galicia e aspirante a reelección, Alberto Núñez Feijóo, pide aos galegos que votan para seguir “polo camiño da certidume e do benestar” e destacou que “o importante é que Galicia siga avanzando”. Núñez Feijóo agarda que esta noite se envie “unha mensaxe de prosperidade e de futuro” e que os galegos “decidan o que queren”.
15:00- Candidatos da Costa da Morte como Aurelio Núñez Centeno, do Partido Popular, ou Belén Lendoiro, do BNG, tamén votaron. Os dous no concello de Carballo. Núñez en Lema e Lendoiro na Braña.
14:50-O candidato de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, votou no colexio rural de Marcelle, no concello da Baña, onde despois de exercer o seu dereito declarou:” «É un día no que hai que chamar a toda cidadanía para que cumpran co dereito de expresar a súa vontade. Eu desexo que a xente exprese a súa opción de voto en virtude da liberdade: que busque aquela forza política que mellor reflicta a súa forma de pensar, de sentir, e de vivir o país. Teño o convencemento de que esa forma de votar vai ser a máis positiva para Galicia”.
13:20-Xoaquín Fernández Leiceaga amósase optimista e agarda que “haxa unha elevada participación” nestas eleccións. O candidato socialista engadiu que logo de que se coñeza o veredicto das urnas “hai que aceptar o resultado sexa cal sexa”.
13:09-O candidato de En Marea, Luís Villares asegurou que “esta é unha xornada histórica para Galicia” e pediu “que a xente veña votar con ilusión”. Villares declarou «As páxinas da nosa historia temos que escribilas nós. Por iso convido a todo o mundo a votar hoxe con ilusión”.
13:00H-Ana Pontón votou nun colexio electoral de Compostela sobre as 10,30 da mañá. A candidata nacionalista instou a un voto masivo e con ilusión.
11:09- Cristina Losada pide a los gallegos que participen. La candidata de Ciudadanos a la presidencia de la Xunta, Cristina Losada, acudió a votar en Vigo y pidió a los gallegos que “no se queden en casa porque las cosas que no funcionan se pueden cambiar” y este 25 de septiembre era “el día para que hablen los votantes”. Para Losada votar “es la base para tener una democracia con mayor exigencia y mayor responsabilidad”.
10:57- A candidata do Partido Popular na Costa da Morte, Raquel Rodríguez Amigo, votou xa no colexio de Carnés, no concello de Vimianzo.
10:52-Ordenan tapar as carpetas do PP co nome de Feijóo. Segundo informa La Región, a xunta electoral ordenou tapar as carpetas co nome de Feijóo que tiñan os interventores sobre as mesas electorais do Edificio Sindical de Ourense, despois de que o candidato de Democracia Ourensana, Gonzalo Jácome, expresara a súa disposición de impugnar todas as mesas da provincia.
10:30-Os candidatos socialistas Abel Losada(Pontevedra) e Luís Álvarez(Lugo) xa votaron
10:21-O secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia, Manuel Galdo acaba de comparecer para destacar a “normalidade absoluta” do inicio da xornada electoral, cos 3.977 colexios electorais abertos. Houbo algún retrasos en mesas das cidades da Coruña e Ferrol que foron subsanados. A partir das 12 teremos un primeiro avance de participación. A esa hora en 2012 votaran o 12,74% dos electores.
10:00– Hoxe elíxense 75 deputados. 25 pola Coruña, 22 por Pontevedra, 14 en Ourense e en Lugo(respectivamente)
9:15- Desde as 9 da mañá e ata as 20h estarán abertos os 2.400 colexios electorais en Galicia. As 10,15h haberá unha comparecencia para informar sobre as incidencias do inicio de campaña. O 98,72% dos colexios constituíronse na hora prevista. Lembra que estaremos actualizando a información durante toda a xornada na web e tamén en twitter @AdianteGalicia