13.4 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 29, 2023

Xoán Bascuas propón crear un Instituto Público de Crédito

O candidato á Presidencia da Xunta por Compromiso por Galicia,Xoán Bascuas, estivo hoxe de campaña pola cidade da Coruña e nun acto público  desenvolvido diante da sede de Abanca, nos cantóns propuxo a creación dun Instituto Público de Crédito destinado a ofrecer financiamento a novos emprendedores e empresas galegas. 

A entidade xurdiría, segundo Bascuas,  da fusión do actual Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Sociedade de Capital de Risco de Galicia (SED). Segundo o candidato galeguista esta institución tería como finalidade “asumir a función de abastecer de crédito tanto a pequenos emprendedores como a entidades de maior dimensión que queiran consolidarse”. 

Para Xoán Bascuas é fundamental “recuperar desde o público o espíritu orixinal das caixas de aforro, que non só cumprían unha función económica, senón tamén social, xa que tiñan un compromiso co país, igual que a entidade que nós propoñemos”.Na súa visita a cidade herculina tamñen propuxo a creación dun  Observatorio para a Internacionalización de Productos e Servizos xa que “é evidente que o mercado galego ten que ir fóra se quere dimensionarse”, argumentou. 

Día do Compromiso Galego

Este sábado, desde as 12 do mediodía, os militantes de Compromiso por Galicia celebran o Día do Compromiso Galego que terá como punto de encontro o Castelo do Castro, no concello lucense de Alfoz, e onde haberá distintas actividades culturais e un acto político onde participarán entre outros o candidato por Lugo, Juan Carlos Piñeiro e o aspirante á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas.

A última cita programada para este venres por Bascuas era precisamenre un mitin en Pontevedra, acompañado polo alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, e o candidato pola provincia, Andrés Núñez Rajoy.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos