5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Vázquez Almuiña visitou o centro médico xalleiro

O centro de saúde “Ángel María Carracedo” recibiu onte a visita dunha comitiva de representantes da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, encabezados polo seu titular Jesús Vázquez Almuiña.

Tamén estiveron no centro médico o  xerente do Sergas, Antonio Fernández Campa, o director xeral de asistencia sanitaria, Jorge Aboal e o xerente da EOXI, Luís Verde Remeseiro. Visitaron as instalacións e departiron coa alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e co director do centro, Felipe Calle, para estudar a necesidade de mellorar servizos e material neste edificio.Na visita tamén estiveron presentes os concelleiros populares Esther Espasandín, José Pose e José García Suárez.

Campaña electoral tranquila

Por outra banda, no concello de Santa Comba a campaña electoral está transcorrendo de xeito tranquilo. Polo momento a única formación que organizou actos foi o Partido Popular. O domingo houbo un mitin no multiusos coa intervención das candidatas Beatriz Mato e Paula Prado, e da alcaldesa María Pose e o luns, día de feira, o candidato número un pola provincia da Coruña, Diego Calvo Pouso, participou nun reparto de publicidade electoral acompañado pola propia rexedora María Pose, e por  concelleiros e membros do comité local.En precampaña tamén estivo de reparto o candidato de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos