4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Ana Pontón propón un segundo debate

A candidata do BNG propuxo a realización dun segundo debate na CRTVG. Durante un mitin celebrado na noite deste martes en Carballo, Ana Pontón, pediu un segundo debate para falar dos temas que quedaron pendentes.

“Os debates non poden ser potestade dos partidos senón un dereito da cidadanía para contrastar propostas de programa antes de ir votar” asegurou Ana Pontón que opina que no debate do luns “O BNG demostrou que temos empuxe e confianza para sacar adiante aos galegos e as galegas nun momento que soportan graves problemas de paro, precariedade, desigualdade”.

Pontón criticou o papel do candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, que estivo “sordo e cego ante os problemas do país, empeñado na mesma política de recortes que deixan unha Galiza máis desigual e máis pobre, cunha débeda pública disparada e sen alternativas, máis aló de executar as órdenes que lle dictan de Madrid e Bruxelas”. Acusou aos populares de lanzar «toneladas de propaganda tóxica» durante o debate da CRTVG.

Na súa intervención puxo ao concello de Carballo coma “o exemplo de que é posible abrir un tempo novo en Galiza confiando nas nosas propias forzas, porque iso foi exactamente o que se fixo neste concello da man do BNG, cos resultados que están á vista en materia de urbanismo e recuperación de espazos urbanos, de revitalización do comercio local, de dinamismo social e cunha axenda cultura que sorprende”.

Neste acto, tamén participou o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e os candidatos Xoán Sande, Paco Souto e Belén Lendoiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos