10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Xa están en marcha as caravanas electorais galegas

Galicia 25S-A pegada de carteis deu comezo a unha intensa campaña electoral. Desde este venres o noso director Xosé Manuel Lema publicará o seu «Diario de Campaña» coas reflexións e notas destacadas de cada xornada.

Feijóo ofrece estabilidade e progreso

O candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo lanzou desde a Coruña un chamamento a participación para evitar relaxacións polas boas perspectivas que sinalan as enquisas: “Temos que saír todos a votar o #25S porque vamos a elixir a Galicia que queremos no 2020. É un proxecto común para todos!”. Feijóo reivindicou a estabilidade do Partido Popular fronte as leas dos demais partidos e pediu o voto para o país:”Non pido o voto para min, pois as galegas e galegos xa mo deron en 2009 e en 2012. Pido o voto para Galicia”.

O líder popular defendeu o traballo do seu goberno en tempos de crise e solicitou o apoio dos galegos para continuar:”Mereceu a pena non deixar facturas nos caixóns, seguir medrando en emprego e que empece a volver a crecer a economía”.

Leiceaga:”O PSdeG é a forza motriz do cambio”

O candidato socialista Xoaquín Fernández Leiceaga situou ao PSdeG como “a forza motriz do cambio” e a clave para que unha nova etapa sexa posible e acabar coa “mala xestión” do Partido Popular. 

No acto de Santiago celebrado na Praza Roxa, Leiceaga puxo como exemplo da fiabilidade do seu proxecto aos alcaldes socialistas que hai en Galicia: “O cambio en Galicia é imprescindible e é urxente, Galicia non pode resistir catro anos máis de parálise”, asegurou o candidato.

Luís Villares:”Feijóo é paro e corrupción”

O candidato de En Marea, Luís Villares iniciou a campaña en Lugo e con duras críticas ao candidato popular, Alberto Núñez Feijóo: “Comeza a campaña electoral en Galicia, un país que Feijóo deixa 220.000 parados. Feijóo é paro. Cos xulgados cheos de corrupción, coa Pokemon, con Bárcenas, cos sobres con diñeiro negro. Feijóo é corrupción. Con miles de mozos e mozas obrigados a saír do país para buscar traballo fora de Galicia. Feijóo é emigración. Cuns servizos de urxencias colapsados mentres hai camas nos hospitais pechadas. Feijóo é mala xestión. Con listas de espera interminables. Feijóo é sufrimento. Con seis desafiuzados ao día. Feijóo é desamparo» declarou Villares.

 

Ana Pontón pide un tempo novo “para un goberno das maiorías sociais”

O Bloque Nacionalista Galego cambiou a tradicional pegada por un mosaico feito por membros do partido no Paseo das Pontes da Coruña. Desde alí, Ana Pontón pediu o voto para “a candidatura de tódalas persoas que confían neste país e que vai a ser clave para empezar este tempo novo”. Anunciou unha campaña en positivo en defensa do autogoberno para ter “un goberno con dignidade e coraxe que diga non a Madrid e a Bruxelas”.

Ana Pontón afirmou que o BNG é a opción máis convinte “para poñer o país a producir, xerar emprego e garantizar o benestar social” e para deixar atrás “os sete anos nefastos de Feijóo.O 25 de setembro temos a oportunidade dun goberno para as maiorías sociais”sostuvo a candidata nacionalista.

Xoán Bascuas:”Este partido é necesario para Galicia”

Tamén en Santiago, arrancou a  súa campaña Compromiso por Galicia, despois da inauguración da súa sede nacional na  Avenida de Lugo. Xoán Bascuas defendeu a necesidade dun partido como o que el lidera: “Este partido é necesario para Galicia e ímolo demostrar con feitos, como xa facemos onde gobernamos”.

Na súa intervención, Bascuas dixo que CxG era unha garantía para os galeguistas e os progresistas:“Compromiso por Galicia preséntase a estas eleccións coa ilusión e a crenza de que as cousas se poden facer de outro xeito. Preséntase como a nova forza galeguista, nacida para dar solucións reais e totalmente viables a esta terra. Preséntase para cambiar Galicia para sempre”.

Cristina Losada reclama o voto útil para Ciudadanos

Desde a Praia do Adro, en Vigo, Cristina Losada afirmou que “Ciudadanos é o voto útil para os que non se conforman co que non funciona en Galicia e queren que mellore a calidade de vida dos galegos”. A candidata laranxa expresou o seu convencemento de que o partido obterá representación parlamentaria e pediu o apoio dos galegos “para ser decisivos e condicionar un goberno constitucionalista”.

“Non me conformo coa elevada taxa de paro, co emprego lixo, coa falta de oportunidades, cos recortes sociais nin cunhas institucións que serviron ao partido no poder e non a todos os galegos” manifestou Losada, que estivo acompañada polo vicesecretario xeral de Ciudadanos, José Manuel Villegas, e polos deputados Marta Rivera de la Cruz e Miguel Gutiérrez.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos