5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Compromiso presenta un recurso para estar no debate

Os galeguistas critican que se inclúa a Ciudadanos a pesar de ter menos representación institucional que CxG.

O secretario xeral de Compromiso e candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, presentou esta mañán un recurso diante da Xunta Electoral para o seu partido poida participar no debate electoral previsto para o 12 de setembro nos medios públicos.

Acompañado polo director de campaña, Manoel Vello Salvado e polo secretario nacional de comunicación, Orlando Villamayor, o candidato presentou o recurso e falou para os medios de comunicación:”Onde se viu que un partido que presentou 19 candidaturas hai un ano estea presente no debate e se exclúa a outro que presentou 41?” preguntouse Bascuas, mantendo o argumento de que a representación institucional de Compromiso é 2,5 veces maior ca de Ciudadanos.Lembrou que Compromiso ten tres alcaldías e Ciudadanos ningunha e ademais puxo como exemplo a situación da provincia de Ourense, onde Compromiso presentou nove candidaturas e o partido laranxa ningunha.

Xoán Bascuas non entende como se toman como referencia as últimas eleccións xerais, uns comicios nos que non participou Compromiso:“ A Xunta electoral só utiliza un único criterio para determinar oque é significativo en Galicia, e é un criterio que se aprobou para as eleccións de Andalucía para garantir a presenza de UpyD”.

Bascuas pediu que “non se mida a significación social unicamente en virtude das elecciónsxerais anteriores, senón que se empregue tamén como criterio o peso institucional”.Trátase, en definitiva de que “un partido que ten máis relevancia institucionala día de hoxe estea presente no debate”, lugar que lle corresponde por lóxica a Compromiso por Galicia e non a Ciudadanos, resumiu o candidato galeguista.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos