5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Valentín González Formoso visitou o concello de Mazaricos

//O alcalde de Mazaricos pide unha senda entre A Picota e A Insua// A Deputación investiu máis dun millón de euros no concello// Este mes comezan as obras da senda peonil de Ponte Olveira//

O presidente da Deputación da Coruña,Valentín González Formoso, visitou o concello de Mazaricos, onde foi recibido polo alcalde, Juan José Blanco, co que mantivo unha xuntanza na que tamén estiveron presentes o deputado da área de Promoción Económica e Emprego, José Luís García, o concelleiro Esteban Pereiro e técnicos do organismo provincial.

Valentín González Formoso dou conta da elaboración dun anteproxecto para a ampliación da Ponte  Olveira, que atravesa o río Xallas entre Mazaricos e Dumbría, e que está pendente dun informe da Xunta de Galicia.Desde a Deputación informaron que o anteproxecto “contempla o ensanchamento da estrada no tramo estreito da ponte, que actualmente comparten turismos, camións e os milleiros de peregrinos que cada ano atravesan a ponte na súa ruta xacobea, e a creación de andéns laterais para o paso de peóns, o que incrementaría notablemente a seguridade”.

González Formoso anuncioulle tamén ao alcalde de Mazaricos que este mes de setembro iniciaranse  as obras de construción dunha nova senda peonil entre os puntos quilométricos 19,600 e 20,100 da estrada provincial DP-3404,Juan Blanco solicitoulle ao goberno provincial  a construción  dunha senda entre A Picota e o núcleo da Insua, unha proposta que González Formoso se comprometeu a estudar.

Desde a Deputación informaron que no últimos ano investíronse máis dun millón de euros para mellora das infraestruturas municipais e que permitiron entre outras cuestións a pavimentación das rúas Galicia e Ventín, a mellora de camiños en Eirón, Coiro, Alborés, Antes, Colúns e outras parroquias e a mellora das instalacións deportivas e socioculturais do municipio.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos