2.1 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Goodleit asenta o seu proxecto lácteo en Galicia

//Goodleit creará 130 postos de traballo e procesará 400.000 toneladas de leite anuais// Ánxeles Vázquez afirma que a iniciativa “crea estabilidade e ilusión//

Goodleit opta polo polígono industrial de Teixeiro, no concello de Curtis, para desenvolver a súa iniciativa empresarial. Os representantes da empresa presentaron o seu proxecto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e aos conselleiros de Industria, Francisco Conde e do Medio Rural, Ánxeles Vázquez.A empresa contará cunha planta con capacidade para procesar unhas 400.000 toneladas de leite anuais, o que supón o 17% da produción anual de Galicia. Estiman un investimento de 70 millóns de euros e a creación de 130 postos de traballo.

A conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, dixo que a noticia “da estabilidade e crea ilusión que temos que trasladar aos nosos gandeiros” e  indicou que “somos unha gran potencia a nivel lácteo, temos os mellores profesionais e o mellor produto”.O proxecto industrial de Goodleit S.L. Está dedicado á separación e secado dos diferentes compoñentes do leite e instalarase nunha parcela de 80.000 metros cadrados situada no Polígono industrial de Teixeiro. Está previsto que o inicio das obras de construción da nova planta se inicien xa este mesmo ano.

Desde o goberno galego destacan “a importancia desta industria, tanto pola súa gran dimensión -polo que suporá en relación á recollida do leite de centos de gandeiros de toda Galicia- como pola súa decidida aposta pola aplicación da I+D+i no procesamento e posta en valor do produto”.Desde Galicia, Goodleit centrará a súa actividade na elaboración de ingredientes funcionais e nutricionais de alto valor engadido dedicados á industria nutricional clínica, dietética, deportiva e infantil, así como á industria agroalimentaria en xeral, partindo do leite como materia prima fundamental. Goodleit ten o seu domicilio social en Alcorcón(Madrid) e creouse en xaneiro deste mesmo ano.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos