5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Compromiso quere un proxecto que cambie Galicia para sempre

Xoán Bascuas reivindica máis autogoberno e pide un cambio, pero para impulsar un proxecto novo “non só para cambiar ao xefe de obra”.

AdianteTV

Compromiso de Galicia presentou as súas candidaturas no parque de Bonaval, nun acto onde interviu o candidato á presidencia da Xunta que apelou “aos galeguistas de toda cor” para participar no proxecto “en construción” dunha “nova forza galeguista, nacida para dar solucións reais e totalmente viables a esta terra”.

Xoán Bascuas demandou máis autogoberno:”O centro de decisións está moi lonxe, en Madrid, e así nunca se pode atender ás necesidades dos cidadáns, que non queren ser subsidiarios, queren traballar”.O candidato galeguista pensa que “a actual situación de desemprego de Galicia é totalmente evitable” con medidas promovidas desde Galicia e cunha “política de cerca”.

Neste senso, Bascuas reclamou a xestión dos recursos enerxéticos desde o país: “As grandes productoras de enerxía están pagando impostos en Madrid e Madrid está sacando rédito dos recursos naturais de Galicia, que de dereito lle corresponden aos galegos”. Incidíu na necesidade que temos os galegos de reclamar os nosos recursos. “A enerxía producida por Galicia, que sería de baixo custo para o consumidor en Galicia, podería abastecer as futuras electrolineiras que CxG quere repartir por toda a economía galega para fomentar o paso ao coche híbrido ou eléctrico, que non só non contamina, senón que sería de baixo custo para os galegos”.

O secretario xeral de Compromiso por Galicia insistiu en buscar o apoio de todos os galeguistas: “Precisamos todas as mans, os corazóns e as mentes de todos os galeguistas para que o noso proxecto cambie Galicia para sempre”.Tamén expresou a necesidade de que en Galicia haxa un cambio político cun novo goberno de progreso pero advertiu que Compromiso quere “un plan de obra novo” e non se conformará con cambiar só ao “xefe de obra”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos