10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Compromiso por Galicia deu luz verde as súas candidaturas

Os galeguistas, convencidos de que entrarán no Parlamento//O escritor Xavier Alcalá pecha a lista na Coruña// Xoán Bascuas(A Coruña), Andrés Núñez(Pontevedra) Juan Carlos Piñeiro(Lugo) e Xosé Mosquera(Ourense) encabezan as candidaturas//

O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia aprobou este sábado as candidaturas da formación para as eleccións autonómicas do 25 de setembro. Ao termo da reunión, o secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas, destacou que as listaxes están conformadas por “homes e mulleres, xente moza e non tan moza, que procedemos dos pobos e das cidades de Galicia que, con certeza, contribuiremos a por sentido común ao cambio que se aveciña”.

Xoán Bascuas pide un cambio positivo e comprometido

Bascuas expresou o seu optimismo en referencia ós vindeiros comicios para que traían “un cambio en chave de país, positivo e comprometido” e deixou claro que “Compromiso é unha forza de xentes do pobo e que nada adebeda a ninguén máis que ao pobo que nos levará ao Parlamento para traballar por el”.

Bascuas encabeza a candidatura coruñesa. Acompáñano Raquel Pillado(Ferrol), o avogado e futbolista do Cerceda, Uxío Dapena, Laura Cereijo e César Ramos. O escritor Xavier Alcalá pecha simbólicamente a lista.Juan Carlos Piñeiro Docampo lidera a candidatura de Lugo. É portavoz de Compromiso en Burela, técnico en prevención de riscos profesionais e estivo vinculado ao sindicalismo durante máis dunha década. Séguenlle Melina Paz López Castro, Saúl Sánchez Freire, Carmen Núñez Bruzos e Agustín Prado López.

O enxeñeiro técnico agrícola Andrés Núñez Rajoy é o candidato número un por Pontevedra. A profesora María Cruz Sánchez Blázquez, figura como segunda. O terceiro candidato é o avogado, politólogo e escritor Álvaro Rodríguez Núñez. A química Sandra Araúxo Carballido e o empresario e secretario de comunicación de CxG, Orlando Villamayor Torres, ocupan o cuarto e quinto posto respectivamente.O candidato en Ourense é o profesor de Dereito Constitucional, Xosé Mosquera Casero. A xogadora de fútbol-salga e administrativa, Lucía Nespereira Gómez ocupa a segunda praza.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos