10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Luís Villares aspira á presidencia da Xunta por En Marea

O candidato de En Marea defende a solidariedade, a democracia e a xustiza social.

Luís Villares foi presentado oficialmente como o candidato de En Marea, un partido instrumental xa rexistrado, que acolle a distintas forzas políticas e persoas a título individual. Foi o único candidato que participou no proceso de primarias e así foi presentado nun acto en Santiago de Compostela:”É o único candidato, o candidato de consenso, do que estamos todos e todas orgullosos» manifestou o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez. Agora o 16 e 17 elixiranse os compoñentes das listaxes das catro provincias.

Nun acto no que estivo apoiado por membros da coordinadora, e no que non faltou Xosé Manuel Beiras Torrado, Villares asegurou que será “o candidato de toda a confluencia, os que están xa e os que aínda non están integrados pero que se sumarán. Son simplemente a portavocía, a voz humilde que represente a cidadanía galega en clave solidaria, comprometido coa democracia e a xustiza social”.

Mensaxe de Luís Villares

Xa como un dos aspirantes á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares lanzou a seguinte mensaxe á sociedade galega:” Aos que aínda non poden votar dicirlles que loitaremos por un sistema educativo que lles permita ter futuro e vivir con dignidade na nosa terra unha vez rematen os seus estudos. Aos que están traballando dicir que loitaremos por unhas condicións laborais xustas e que cando non podan traballar que saiban que estamos aquí tamén para os respaldar. Aos que queredes ser pais e nais, queremos que teñades un clima social e económico que vos permita exercer con libertade a vosa paternidade e maternidade. Aos desempregados queremos que podades facelo en condicións de dignidade. Aos autónomos e pequenas empresas dicirlles que imos defender ferreamente todos os sectores produtivos do noso país, imos defender a viabilidade económica do noso país, queremos producir e non vivir sempre subvencionados. E a todos e todas aqueles que xa traballaron, que xa deixaron o lombo, dicirlles que nós si garantimos o pago das prestacións por dependencia, que imos garantir o complemento de carácter asistencial no caso de que as pensións non cheguen. E sobre todo que nós si imos garantir que vosos netos e netas teñan un futuro digno no noso país».

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos