5 C
Santa Comba
sábado, marzo 30, 2024

Núñez Feijóo convoca eleccións para o 25 de setembro

O presidente convoca as eleccións para o 25 de setembro por “responsabilidade, seriedade e estabilidade”.

Os galegos están chamados a votar o domingo 25 de setembro. Así o anunciou o presidente da Xunta de Galicia despois dunha xuntanza extraordinaria do Consello da Xunta de Galicia. Deste xeito os comicios coincidirán coas eleccións de Euskadi, aínda que non en outubro como pretendía Feijóo. Despois da convocatoria feita polo lehendakari Urkullu había que elixir:”A miña intención era que as eleccións  galegas tiveran lugar en outubro coincidindo coas eleccións do País Vasco, pero esa dobre condición xa non podía ser” explicou Núñez Feijóo en rolda de prensa.

“Non sería serio e responsable convocala uns días máis tarde, só por saírme coa miña. Non sería positivo para Galicia e prolongaría a inestabilidade” manifestou o xefe do executivo que tamén afirmou non querer contribuír desde o país “a situación de bloqueo que leva sufrindo España durante os últimos sete meses”.Para o presidente galego a decisión foi froito “da seriedade, da responsabilidade e do obxectivo de achegar estabilidade” e neste senso “o consecuente é que as eleccións se fagan coincidir coas de Euskadi”. Precisou que esa foi a liña marcada durante a lexislatura que remata:“Tentamos facer un traballo serio e responsable que garantira a estabilidade institucional e política de Galicia”.

 

@AdianteGalicia

Alberto Núñez Feijóo dixo comprender que os galegos teñan “unha sensación de fastío” despois de dúas eleccións xerais seguidas, pero matizou que “isto non é responsabilidade dos galegos” e que as eleccións autonómicas teñen que celebrarse obrigatoriamente en outono.”O mellor que lle pode pasar a Galicia é que siga sendo estable na próxima lexislatura” manifestou o presidente da Xunta.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos