5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Compromiso reafirma o seu proxecto con boas perspectivas

//Xoán Bascuas:”Ou galeguismo está só en Compromiso e en ningún lugar máis”//O portavoz do PNV no parlamento español, Aitor Esteban está convencido de que Compromiso entrará en O Hórreo// 

Adiante TV

O optimismo respirábase no parque Eugenio Granell onde Compromiso por Galicia celebrou o Día Nacional. A mensaxe foi clara, Compromiso ten posibilidades de entrar no Parlamento galego porque o seu discurso conecta co país.No acto político, actuou como moderadora a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso que foi a primeira en pedir un esforzo conxunto porque está convencida de que a formación galeguista pode obter uns bos resultados.

Aitor Esteban, convencido de que Compromiso obterá representación no Parlamento

Despois da quenda da representante da Mocidade Nacionalista Galega, Anabel Pereira, falou o portavoz do PNV no parlamento estatal, Aitor Esteban que quixo reiterar o seu apoio á formación:”Compromiso é o noso aliado e amigo en Galicia e estou seguro que así vai a ser non futuro”. Esteban pensa que o partido galeguista obterá representación nas próximas eleccións:”Confiamos que nas próximas eleccións obteñades algún representante para a partir de ai ir construíndo, estamos seguros diso”.

Tamén achegou algunha crítica contra o chamado populismo:”Parece que a solución a todo é unha esquerda chamada Podemos, pero as solucións virán doutra banda e ten que ser desde un compromiso dunha forza enraizada no país”.

 

Xoán Bascuas reivindica o espazo de Compromiso

Ademais dirixíronse aos presentes os candidatos Xosé Mosquera(Ourense), Juan Carlos Piñeiro(Lugo), Andrés Núñez(Pontevedra), para pechar o acto o aspirante á presidencia, Xoán Bascuas que convidou aos seus, a traballar duro para a inminente cita coas urnas, na que un dous obxectivos principais de Compromiso autonómicas, será  “desenmascarar” ao Partido Popular por ter “ocupado ao galeguismo en fraude de lei”.

Bascuas reivindicou ese espazo para Compromiso porque en Galicia “non hai PSdeG senón PSOE” e pola necesidade dunha “forza propia” e sen dependencias:”Somos os depositarios da autoestima do pobo galego e temos que asumilo con corazón”. Xoán Bascuas deixou claro que “o galeguismo está só en Compromiso e en ningún lugar máis” e pediu ou apoio de militantes e simpatizantes para explicar e difundir as propostas do partido.

Despois soou o himno galego, e iniciouse a comida nunha carpa instalada no parque, e á que asistiron distintos cargos do partido como o secretario nacional de organización, Manoel Vello, o de Comunicación, Orlando Villamayor ou o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos