3500 fans     1206 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Anunciate aquí - Adiante Galicia

Sen axudas por escribir en galego? Non pode ser

Sen axudas por escribir en galego? Non pode ser

Actualidade | Publicada: 22/07/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
7
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 40 segundos.

O presidente da Xunta afirma que o idioma non pode ser un criterio de exclusión. A Mesa pola Normalización Lingüística denunciará o Ministerio de Industria por unha decisión que discrimina aos concellos de Santiago, Teo e Santa Comba.

O feito de presentar a documentación en galego foi o motivo polo o que o Ministerio de Industria rexeitou a concesión de axudas para a mellora do alumeado público nos concellos de Santiago de Compostela, Teo e Santa Comba.

Martiño Noriega:”É máis un posicionamento político que administrativo”

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega asegura que “non houbo mala fe” na remisión do informe de intervención en galego, e que incluso posteriormente se enviou unha tradución. O rexedor entende que “é máis un posicionamento político que  administrativo”.

Feijóo:”O idioma non pode ser un criterio de exclusión”

Na mesma liña se expresou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo:"Entendemos que o idioma non pode ser un criterio de exclusión de ningunha axuda. Se a convocatoria establece outros requisitos pois podería repararse, pero non pode ser en ningún caso, na miña opinión, un motivo de exclusión polo tanto en calquera dos dous casos débese corrixir, tanto se é un erro como se é unha decisión porque é equivocada".

Denuncia da Mesa Pola Normalización  Lingüística

O presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira anunciou  que presentarán unha denuncia diante do Consello de Europa, xa que a actitude do Ministerio de Industria vulnera o contemplado na Carta Europea das Linguas.

“O director xeral do IDAE, Arturo Fernández Rodríguez, e o seu presidente, Alberto Nadal Belda, – nomeados polo exministro José Manuel Soria, cesado por posuír contas en paraísos fiscais-, deben demitir porque non se pode admitir que fanáticos que priorizan o seu odio ao interese común da cidadanía manexen nin un só céntimo de diñeiro público” declaro Maceira.As axudas denegadas pertencen a unha convocatoria do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de Energía(IDAE).

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

José Antonio Santiso:“Municipalizar el servicio no va a servir para mejorarlo"

José Antonio Santiso:“Municipalizar el servicio no va a servir para mejorarlo"

José Antonio Santiso tiene una larga trayectoria política. Varias veces alcalde, conselleiro de Política Agroalimenta…

Ler máis
 Evaristo Ben apela a la unidad del PP en Xallas y Barcala

Evaristo Ben apela a la unidad del PP en Xallas y Barcala

“No habrá unidad si no hay generosidad, y sin unidad no conseguiremos buenos resultados en las municipales del 2019…

Ler máis
Mesa sobre el acoso escolar organizada por Ciudadanos Ferrol

Mesa sobre el acoso escolar organizada por Ciudadanos Ferrol

“El acoso impide que los alumnos desarrollen sus capacidades al convertir el espacio  escolar en un entorno hostil”…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Primavera Cultural Santa Comba 2017
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Homenaxe ao Doutor Carlos Guitián

Xosé González Martínez

Manuel Herminio e Xosé Carballido , xunto con outros amigos de Amoeiro, son os encargados de organizaren a homenaxe  ao doutor  Carlos Guitián Rod…

Xosé González Martínez
Ler máis

Ahora Lezo

Nacho Louro

Con la actualidad política me viene a la memoria una intervención en la Comisión de Defensa del Congreso de los Diputados del que fuera Portavoz de…

Nacho Louro
Ler máis

A mentirocracia, a próxima paragem de autocarro

Daniel Lago

Alguém, no seu sano juízo, falava em que a democracia unicamente poderia sobreviver com certo grau de verdade. Porém, hoje vivemos, segundo falam o…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información