10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Ana Pontón:»Hai que intervir no mercado para evitar o dumping»

A portavoz do BNG propón a creación dun grupo lácteo galego e critica a acción do goberno do Partido Popular.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón criticou os baixos prezos que os produtores percibe polo leite e afirmou que “A primeira decisión é garantir un prezo xusto para os produtores cunha intervención directa da Administración no mercado para evitar o dumping que se da neste sector en Galiza”.

Nunha visita as instalacións da  cooperativa Feiraco en Ponte Maceira, Pontón fixo unha radiografía critica so sector durante o goberno de Núñez Feijóo:“Hai tres datos que son clarificadores da delicada situación do sector: os gandeiros e gandeiras deste país seguen cobrando o prezo máis baixo do leite en todo o Estado, sete de cada dez explotacións leiteiras que pecharon en 2015 eran galegas e desde que goberna Feijóo botaron o peche 4.300 explotacións”.

A tamén candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, presentou as propostas que se recollerán no programa electoral como a “aposta por un Plan estratéxico de apoio a produción e a diversificación,  que teña como elemento central a creación dun Grupo lácteo galego desde o que se coordinen  todas as iniciativas actuais e futuras”. Incidiu ademais na importancia do sector leiteiro para garantir o equilibrio territorial e a supervivencia do medio rural porque e a xente que agora vive no rural abandona, veremos como as silvas acaban comendo todo”.

Ana Pontón visitou Feiraco acompañada por Xosé Luís Rivas “Mini. Mantivo un encontro coa dirección da cooperativa  encabezada polo presidente, José Montes, e polo director xeral, José Luis Antuña.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos