10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Feijóo defende a sanidade galega ante as críticas do PSdeG

//Feijóo:”Estou orgulloso da sanidade publica de Galicia”// Patricia Vilán Esta redistribución de recursos provocou a morte de persoas //

O PsdeG denuncia peche de camas no verán

A portavoz do Partido Socialista interpelou ao presidente da Xunta en relación coa súa “ineficiencia e incompetencia” na xestión da sanidade pública, denunciando o peche de camas nun 13% durante o verán. 

Patricia Vilán recriminoulle a Feijóo a súa política de recortes:”Esta redistribución de recursos provocou a morte de persoas pola hepatite C”.

Feijóo:”Seguimos mellorando a pesar das dificultades”

“A sanidade  non é perfecta pero conta con profesionais que dan unha excelente calidade de servizo. Estou orgulloso da sanidade pública de Galicia” respondeu Alberto Núñez, convencido de que “seguimos mellorando a pesar das dificultades” e con datos dun barómetro asegurou que “a maioría dous galegos non pensan coma vostede”.

Feijóo dixo que Galicia estaba entre as cinco comunidades con mellor atención sanitaria e falou dos novos hospitais de Lugo, Vigo, ou os 25 novos centros de saúde construídos no seu mandato, ademais de ter “o calendario de vacinas máis amplo de España”. Aproveitou para anunciar a próxima firma para “o novo gran hospital de Montecelo” en Pontevedra.

Vilán denuncia a política privatizadora do goberno galego

Desde o grupo socialista, Patricia Vilán, pediulle ao presidente da Xunta que “non se escude nas persoas” e lembrou as manifestacións de Vigo e Pontevedra, para rebaixar o positivismo de Feijóo. Lamentou que o PP deixaba unha “severa hipoteca” ao preferir beneficiar as empresas privadas como “no caso do hospital privado de Vigo”.

“Hoxe a sanidade está mellor que cando chegamos ao goberno”

Na súa quenda de peche, Núñez Feijóo dixo sentirse máis cómodo facendo balance do que se podía sentir a portavoz socialista no seu mes de actividade “porque segue ofrecendo momentos gloriosos” e segundo o presidente recorrendo a “mentiras”.

“Hoxe a sanidade está mellor que cando chegamos ó goberno” insistiu Feijóo que reprobou a actuación do PsdeG  “porque nada achegaron a sanidade pública de Galicia”.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos