6.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Compromiso lembra o 80 aniversario do Estatuto de Galicia

“Conxurámonos para conseguir máis autogoberno, máis benestar e mellor calidade de vida”  afirma Xoán Bascuas.

Cúmprense oitenta anos da aprobación do primeiro Estatuto de autonomía de Galicia mediante un plebiscito celebrado en Galicia precisamente o 28 de xuño de 1936.Compromiso por Galicia quixo conmemorar esta efeméride e difundiu a través das redes sociais unha iconografía. 

Ademais, o secretario xeral e  candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas fixo unha declaración na que destaca que a aprobación do primeiro estatuto de Galicia foi “froito do orgullo de todo un pobo” e asegurou que Compromiso por Galicia recolleu a testemuña dos devanceiros galeguistas:”Aquel esforzo ten unha continuidade en Compromiso por Galicia”.

Bascuas valora o traballo dos impulsores do Estatuto de 1936

Bascuas puxo en valor o traballo realizado “por aqueles galeguistas para dotar ao país de máis autogoberno e competencias, e poder configurar un goberno de seu”.Na súa declaración pública quixo deixar clara a súa postura e sinalou:“Conxurámonos para conseguir máis autogoberno, máis benestar e mellor calidade de vida”.

Desde Compromiso por Galicia expresaron a súa vontade por seguir traballando en defensa dos intereses de Galicia. A formación galeguista vai concorrer ás eleccións autonómicas e de feito xa elixiu ós candidatos polas catro provincias galegas:Xoán Bascuas(A Coruña), Juan Carlos Piñeiro Docampo(Lugo), Xosé Mosquera Casero(Ourense) e Andrés Núñez Rajoy(Pontevedra).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos