Os alcaldes de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol reivindican o seu traballo “como vangarda do cambio” e piden o apoio para En Marea.
Os alcaldes das tres cidades, Martiño Noriega, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez participaron nun acto celebrado na capital de Galicia, no que acompañados polos candidatos de En Marea pediron apoio para un cambio político que consideran necesario e que comenzou a xestarse nos seus concellos.
O alcalde de Ferrol Jorge Suárez dixo que “O noso goberno fixo o que ningún goberno fixera durante anos que é reivindicar as necesidades de Ferrol”. Como consecucións salientou:Recuperamos o sorriso como primeira labor. Renunciamos a coche oficial, grandes salarios…e centrámonos en dar solucións aos problemas da xente”.Para Suárez o entendemento co PSOE “pode servir como proba para tamén levalo ao estado”.
Para o alcalde herculino, Xulio Ferreiro “estas políticas municipais teñen que servir de exemplo para un cambio social no Estado, no Congreso e no Senado. Por iso estamos aquí tamén como xa estivemos en decembro. A ilusión que espertamos en maio está agora refrendada con feitos”. “Atraemos esa maioría social atacada polo PP e os seus secuaces” afirmou Ferreiro.
O rexedor de Compostela tamén insistiu na necesidade de que haxa un cambio político «porque levamos a reforma das administracións locais ao lombo, condicionan o campo de xogo da administración, a toma de decisións, e isto ten que mudar coa fiestra que se vai abrir o domingo”.Martiño Noriega demandou “un cambio de marco legal que permita a gobernabilidade dos concellos. Queremos que se recupere a autonomía local para poñela ao servizo da xente.
No acto tamén interviron os candidatos de En Marea, Antón Gómez Reino, Yolanda Díaz e Alexandra Fernández.