10.1 C
Santa Comba
miércoles, marzo 20, 2024

«O BNG é unha garantía para ter voz propia en Madrid»

A candidata do BNG por Ourense pediu o voto para o BNG porque esta organización constitúe “unha garantía desde a humildade para facer un traballo diferente e conseguir unha voz propia en Madrid”, como alterntiava “a seis meses de tempo perdido”.

Entrevista completa

Noa Presas agarda que o Bloque obteña representación porque “nun escenario sen maiorías absolutas sería importante ter un representante nacionalista” con capacidade para “esixir solucions e recursos para decidir nós mesmos”.Sobre o espazo nacionalista que outras forzas tamén reivindican, Presas sinalou que “nós sempre traballamos desde o nacionalismo e a esquerda” e puxo como exemplo a dúas décadas con representantes do BNG no parlamento estatal.

Entre as cuestión prioritarias, mencionou un novo modelo de financiamento para que “haxa unha Facenda galega con control público e que decidamos cales son as nosas prioridades” ou o rescate das concesións hidráulicas que permitan un abaratamento da factura eléctrica.

A candidata nacionalista ten claro que “os problemas de Ourense son alleos para as forzas estatais” que “non coñecen a realidade do país nin lles importamos o máis mínimo, nin desde a esquerda nin desde a dereita”.

Para Noa Presas hai un interese en trasladar a sensación de que non hai campaña electoral e que todo dependa da polarización PP-Podemos e das televisión, pero insistiu que o BNG pretende “levar as súas propostas a pe de rúa”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos