9.1 C
Santa Comba
sábado, diciembre 3, 2022
Array

Ao PP non lle doe malgastar os cartos públicos

A débeda xa supera o 100% do PIB. Non hai ningunha economía que medre se non hai produtividade e na Galicia actual a maior parte das empresas e das familias están aguantando en «economía de guerra»; é dicir que non poden nin poderán consumir ata que os cartos volvan a chegar ás máis da metade da poboación que hoxe en día está en risco de exclusión social.

Por outra banda, é absolutamente necesario acabar co desemprego que é a primeira preocupación da xente segundo as enquisas do CIS. Ás oficinas de emprego, a falta dun Goberno galego con responsabilidades reais en políticas laborais, convertéronse en meras destrutoras de papel que non dan solución ás persoas en paro. E o carto público gastado en algo que non dá os resultados esperados supón un furado para as nosas arcas públicas.

Por último, cabe destacar que a economía dun país como Galicia, na que a súa masa salarial prefire traballar no sector público antes que nas empresas privadas ou como autónomos, evidencia que algo está fallando. Porque non é o espírito de servizo público o que move á maioría a desexar traballar na administración, senón o obxectivo de ter unha maior garantía de estabilidade . Un estado non pode sobrevivir se inviste só no sector público e abandona o sector privado á súa sorte.

Velaquí a importancia da presenza dos poderes públicos na reactivación da economía, para que, deste xeito, se reactive a peza central de toda economía de mercado: o consumo. É mellor facer políticas que devolvan os cartos ás familias, aos autónomos e aos emprendedores, os verdadeiros motores da nosa economía. Ou é que a economía galega se vai reactivar a base de manter chiringuitos e de aimentar ao capitalismo de cuadrilla, irmanciñas e outros maleantes?

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
507SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos