3842 fans     1287 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Compromiso pregunta en Europa polo accidente de Angrois

Compromiso pregunta en Europa polo accidente de Angrois

Actualidade | Publicada: 15/06/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
11
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 53 segundos.

Interesáronse diante do Parlamento Europeo polas razóns que impiden facer público o informe elaborado pola Axencia Europea do Ferrocarril(ERA).Os galeguistas tamén presentan propostas contra a precariedade laboral.

A eurodeputada Izaskun Bilbao, elixida na coalición á que pertence Compromiso por Galicia preguntou polo “silencio” do goberno comunitario ante un informe sobre o accidente de Angrois, en Santiago de Compostela, que non se fixo público a pesares de rematarse no pasado mes de abril.

Bilbao pregunta se houbo algún tipo de presións para que “este informe non se publique ata pasadas as eleccións xerais que terán lugar en España o próximo 26 de xuño" xa que non entende porque non se coñecen os datos:"As súas conclusións, destaca a eurodeputada, non son aínda públicas, a pesar de que puidesen ser de gran interese para achegar á causa xudicial que se abriu para determinar as responsabilidades e establecer, en función das mesmas, as indemnizacións a que terán dereito os prexudicados".

Izaskun Bilbao Barandica faise eco dalgunhas informacións publicadas en medios de comunicación e recollidas igualmente en círculos institucionais que achacan a dilación á hora de publicar este documento a un intento de "non prexudicar as conversacións entre as autoridades comunitarias e España sobre o procedemento de infracción aberto ao devandito estado por non transponer adecuadamente a directiva sobre Seguridade Ferroviaria".A voz de Compromiso por Galicia no Parlamento europeo quere saber os motivos dun atraso que "pode prexudicar ás vítimas".

 

Contra a precariedade laboral

O secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas propuxo este martesunha serie de medidas encamiñadas a mellorar a calidade no traballo.

Compromiso por Galicia pensa que hai que optar pola redución da xornada laboral ás 35 horas, mellorar a inspección para combater a fraude fiscal e prohibir a existencia de bolseiros sen remuneración.

“Mellorar a calidade do traballo, repercute positivamente na produtividade e no rendemento laboral e ademáis un bo salario revirte positivamente no consumo e na xeración de riqueza” manifestou Xoán Bascuas que considera que hai que esforzarse para acadar avances porque “non pode haber xente no paro mentres se fan horas extras sen pagar e os gobernos de Feijóo ou Rajoy lanzan mensaxes triunfalistas e de autobombo”.

@AdianteGalicia

FOTO PORTADA- Contando Estrelas- Wikipedia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

En Marea oponse ao despezamento dos restos do Casón

En Marea oponse ao despezamento dos restos do Casón

Yolanda Díaz:”Instamos á Armada a que paralice as obras de desguace do Casón”.   “Xa se converteu nu…

Ler máis
El gobierno de Camariñas quiere aprobar los presupuestos

El gobierno de Camariñas quiere aprobar los presupuestos

//Se debatirán próximamente// Este lunes se celebra la comisión de contas//   Este lunes 24 de julio, el ayu…

Ler máis
Gonzalo Caballero inicia a carreira polo liderado do PSdeG

Gonzalo Caballero inicia a carreira polo liderado do PSdeG

Gonzalo Caballero:“O reto é poñer ou PSdeG ao servizo dun proxecto de esquerdas que consiga gobernar Galicia”. …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Día de Galicia - 25 Julio 2017
Enova Energia
Festival da Luz Gadis 2017
KNM Abogados
Verán Xalleiro 2017
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Día da patria galega/Día de Galicia, xornada de pedagoxía galeguizadora

Xosé González Martínez

Presenciei moitas veces a mesma escena, aínda que con distintos protagonistas. Rematada a manifestación para reclarmar  protección gobernamental p…

Xosé González Martínez
Ler máis

Saiamos a rua a festejar !! Um novo tratado de livre comércio foi un feito!!!

Daniel Lago

Isso seria a lógica mesma, que deveria de funcionar logo da posta em marcha do JEEPA, o acordo de livre comercio entre a UE e o Japão.   Na c…

Daniel Lago
Ler máis

I +D + I + G

Xosé González Martínez

En certa ocasión fun levado a coñecer unha Escola de Negocios dunha entidade financieira. O seu director foime amosando as modernas instalación dot…

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información