6.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Ánxeles Vázquez defende a súa xestión desde o inconformismo

A conselleira do Medio Rural participou nun acto informativo sobre o sector lácteo e forestal en Santa Comba, acompañada no estrado pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose,  o presidente provincial do PP, Diego Calvo e a candidata ao Senado, Paula Prado.

Entre os asistentes estaban os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e A Baña, Andrés García Cardeso, os portavoces municipais de Val do Dubra, Mazaricos e Negreira, e o secretario de organización provincial, Evaristo Ben Otero.

En #AdianteTV

Ánxeles Vázquez fixo un balance dos meses que leva á consellería e sinalou que  “algo conseguimos ainda que imos máis amodo do que a mín me gustaría”. Tamén se referiu ao acordo lácteo “que tan malo non debe ser cando Unións Agrarias decidiu asinalo a semana pasada”.

Puxo en valor o último pasos dado, o decreto de cesión de prezos, e insistiu moito na necesidade de unión dos gandeiros, asegurando que a Xunta de Galicia está disposta a apoiar economicamente a “un proxecto de ámbito cooperativista serio”, que ademais xa é un reto que se marca como conselleira:”Esta é unha cadea e temos que traballar todos xuntos”. Vázquez non pediu o voto pero dixo que os gobernos do PP estaban a defender os intereses do sector.

Pola súa banda, Paula Prado tivo unha intervención en ton político:”Non sei que queren facer os de Podemos co medio rural”. Alertou das posibilidades de éxito do “comunismo”, falou de Venezuela, e tamén de distintos logros do executivo que preside agora en funcións, Mariano Rajoy.

Ao final, a conselleira respondeu as preguntas dos asistentes, algunhas bastante incisivas, sobre o sector forestal, os ataques da fauna salvaxe ou a comercialización do leite. O multiusos xalleiro non chegou encherse porque aínda que había público de pé, tamén quedaron butacas baleiras.

@AdianteGalicia

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos