O cabeza de lista de En Marea por Ourense, David Bruzos amosouse convencido que o vindeiro 26 e xuño a coalición mellorará os resultados electorais en número de votos e “seguramente sexa posible mellorar escanos nalgunha provincia como Pontevedra ou A Coruña”.
David Bruzos na Encrucillada
Nunha entrevista no podcast “Conversas na Encrucillada” que se pode escoitar aquí, o candidato indicou que “demostramos a nosa vontade de mellorar Galicia” e de poñer “todo o que estaba nas nosas mans para que houbera un goberno de cambio pero non foi posible”. Nese senso recoñece que hai unha certa “frustracción” e “un cansanzo na xente” pero pensa que agora “as cartas están boca arriba e cadaquén demostrou o que quería facer” e deixou claro que desde a coalición rupturista “non lle temos medo as eleccións porque nos gusta que a xente vote”.
Bruzos desconfía que o PSOE entregue o goberno a PP e Ciudadanos
Con respecto ao panorama despois das eleccións, David Bruzos mestura a “ilusión” coa “precaución” porque desconfía de que “finalmente o PSOE entregue o goberno de España ao PP e a Ciudadanos” o que sería “dramático”.
“A unidade popular é o único camiño para o cambio e a única alternativa realista e viable é En Marea” e para superar “as políticas terribles do PP” dixo Bruzos, que tamén responsabiliza, en menor medida, ao PSOE da situación do estado.
Ourense non se arranxa cun cheque bebé
O candidato ourensán pensa que na súa provincia o paro, a emigración e o envellecemento da poboación sob as principais eivas a pesar do potencial que existe:”Ourense é unha provincia rica en recursos naturais e patrimonio cultural e humano pero cos peores indices económicos”.
Bruzos lamenta a acción dos goberno do PP e defende a implantación de “medidas rápidas” e solución xa que “non sirve cun cheque bebé”.