“O PP xa demostrou o que fai e Podemos ven a romper este país” asegura a cabeza de lista de Ciudadanos por Pontevedra nas “Conversas na Encrucillada”.
Escoita a entrevista completa
María Rey Martínez é un exemplo de dedicación política como o vén demostrando no salón de plenos do concello de Pontevedra, agora lidera a candidatura nunha das provincias “quentes” segundo as enquisas. A candidata é optimista:”Ciudadanos é un partido optimista e a ilusión non nós gana ninguén”.
Despois da tormenta interna que se viviu no partido, Rey cre que en Galicia as cousas xa están canalizadas:”A estrutura de Ciudadanos en Galicia está reforzada e cada vez son máis as persoas que se achegan ao partido”.
Unha das prioridades do seu partido, di, é acabar coa corrupción:”O prioritario é acabar coa corrupción.Estamos cansos de que nos rouben, de apertarnos o cinto mentras outros enchen os petos». Na entrevista concedida a Adiante Galicia, María Rey tamén pon o acento en”reconstruír a clase media e traballadora, rebaixar os impostos” e promover contratos estables e indefinidos.Cunha frase resúmenos o que foron estes meses de curta lexislatura:”Os cidadans pediron que se chegara a pactos e acordos e os partidos non souberon responder”.
María Rey defende a opción de Ciudadanoss entre un PP “que xa demostrou o que fai e Podemos que ven a romper este país”. Critica aos populares porque “O PP non escoita ós veciños, impón ou seu criterio e está separado da realidade” e receita “sentidiño” á clase política.Pide o apoio das persoas para defender os dereitos de Pontevedra, Galicia e España:”Temos un gran proxecto para este país e non queremos nin recortes nin corrupción”.