Feijóo e a axenda social. En Marea presenta a súa candidatura. Xosé Mosquera, coordenador comarcal de Compromiso en Ourense. O concello da Laracha habilita prazas de aparcamento.
Se queres que publiquemos a foto da túa festa, unha fotodenuncia, ou dalgunha actividade escríbenos ao
Whatsapp 627217963
Co obxecto de seguir dando cabida ás informacións que nos chegan á sección de actualidade incluiremos periodicamente unha crónica gráfica da xornada con fotos e titulares destacados do día.Lembramos que diariamente ofrecemos distintas información na sección EN BREVE, á que se pode acceder desde o banner situado na portada.
En Marea presentou a súa candidatura no peirao de Palmeira, no concello de Ribeira.” Se xa na anterior campaña dicíamos que o cambio non hai quen o pare, esta vez si está máis que demostrado que é así, non hai quen o vaia a parar» dixo o candidato Antón Gómez Reino.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo destaca a adhesión por parte da Fegamp e da Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social á Axenda Social Única elaborada pola Xunta para dar un novo impulso ás familias con máis dificultades
Xosé Mosquera é o novo coordinador comarcal de Compromiso por Galicia en Ourense.
O concello da Laracha habilita no campo da feira de Paiosaco prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida.