13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Compromiso pide valentía contra a corrupción

Xoán Bascuas lembra que Compromiso por Galicia non leva imputados nas súas candidaturas e asegura que se o PP realmente que limpar as súas estrutura “ten moito choio por diante”.

Mensaxe ao Partido Popular

Cando acabamos de coñecer que Xosé Luís Baltar declarará o vindeiro 8 e xuño en calidade de investigado nunha causa sobre presuntos delitos de suborno, tráfico de influencias e acoso sexual, que en principio afectaba só ó seu fillo e presidente do PP de Ourense, a formación Compromiso por Galicia pide valentía para loitar contra a corrupción e faise eco das declaracións do presidente do PP, Mariano Rajoy sobre as persoas que se foron apartando do partido conservador.

O secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas mostrou a súa satisfacción polas palabras de Rajoy “sobre a existencia de numerosos casos de corrupción no seu partido” pero considera que “chove sobre mollado” e polo momento as medidas adoptadas polos populares foron insuficientes e aínda lle queda “moito choio por diante” se queren limpar as súas estruturas.

Nin cargos orgánicos, nin candidatos imputados

“Mentres Mariano Rajoy fala de que apartou a moitos corruptos, en Galicia, os xulgados están saturados de causas que implican a dirixentes do Partido Popular e esa non é a clase dirixente que queremos para a nosa terra” manifestou Bascuas, que lembrou que Compromiso por Galicia non levará a ningunha persoa imputada nas súas listas nin tampouco ten membros investigados entre os seus cargos orgánicos.

 
O líder da formación galeguista pediu firmeza e coherencia aos partidos políticos para desterrar a corrupción da actividade política e desexa que “os titulares dos medios de comunicación non sexan as investigacións de Ourense e si a creación de emprego ou que Galicia destaque polas iniciativas sociais, algo que a día de hoxe semella unha utopía por culpa dos propios políticos”.

@AdianteGalicia

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos