5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Terra Galega reelixe a Sánchez Fojo na secretaría xeral

No Congreso celebrado en Coristanco, Sánchez Fojo apoiou ós concelleiros de Santa Comba e asegurou que o PSdeG chegou a ameazar coa ruptura do pacto en Coristanco, pero desde Tega lembran que as agrupacións municipais teñen liberdade de movementos no seu territorio.

A nova dirección nacional de Terra Galega

O naronés Guillermo Sánchez Fojo continuará sendo o máximo responsable de Terra Galega, despois do respaldo unánime recibido no congreso celebrado este domingo en Coristanco.  A dirección nacional complétase con Manuel Andrade, vicesecretario xeral, Pablo Padín, presidente de honra, Bruno González, secretario de Finanzas, Laura Tasende, secretaria de Actas, Rosario Filgueira, secretaria de Organización, Estefanía Canosa, responsable de Igualdade e Mocidade, Javier Facal, coordinador de Políticas Institucionais e José Manuel Rodríguez Blanco “Roque”, coordinador da área de Política Municipal. Entre os vogais figuran os alcaldes de Narón, José Manuel Blanco e Coristanco, Amancio Lavandeira.

“Un partido libre no seu concepto máis amplo”

Guillermo Sánchez Fojo asegurou que Terra Galega seguirá cunha “liña progresista nos seus posicionamentos estratéxicos no desenvolvemento da nosa sociedade, facendo unha aposta pola igualdade de oportunidades e o benestar social e, como non, por unha educación e sanidade de carácter público e universal”.

Sánchez manifestou:” “Terra Galega é un partido libre, no seu concepto máis amplo, é dicir, na defensa da liberdade da creación, tanto no eido social e cultural como na defensa das liberdades das persoas e colectivos fronte ao poder que algúns partidos acumulan nas institucións”.O secretario xeral de Terra Galega avogou por “traballar xunto con outras forzas” de cara as vindeiras eleccións autonómicas.

Moción de censura en Santa Comba

A moción de censura de Santa Comba tamén sobrevoou o congreso de TEGA  e segundo fontes presenciais, Sánchez Fojo asegurou que o partido recibira presións por parte do PSdeG, para que non se levara a cabo a moción xalleira, chegando incluso a ameazar con romper o pacto de Coristanco. 

Nun momento da súa intervención incluso sinalou a presidenta da xestora socialista, Pilar Cancela. Guillermo Sánchez ofreceu o seu apoio o grupo municipal de Santa Comba.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos