11.5 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

«Hai opción para unha forza política propia e moderada»

Compromiso por Galicia xa ten cabezas de lista.”Estou convencido de que estas eleccións autonómicas van ser unha pedra de toque para Compromiso”asegura Xoán Bascuas a Adiante Galicia.

Bascuas en #AdianteTV

A primera forza do país en elixir os seus cabezas de lista

O Consello Político Nacional dou luz verde os cabezas de lista ás vindeiras eleccións ao Parlamento Galego. Deste xeito mentres as demais forzas políticas preparan a cita electoral do 26-X, Compromiso xa quenta motores para as eleccións autonómicas “as que verdadeiramente importan”.

Xoán Bascuas é o candidato galeguista á presidencia da Xunta de Galicia e cabeza de lista pola Coruña. Juan Carlos Piñeiro Docampo(Lugo), Xosé Mosquera(Ourense) e Andrés Núñez Rajoy(Pontevedra) completan a primeira liña de Compromiso.

Nunha entrevista a Adiante Galicia o secretario xeral e aspirante á presidencia da Xunta de Galicia puxo en valor o feito de que “Somos a primeira forza política do país que escolleu os cabezas de lista polas catro circunscricións galegas”, o que “é unha metáfora mesma de que o que lle importa a Compromiso é Galicia”.

 

Bascuas propón un discurso sereno, construtivo e propositivo

A partir de agora os galeguistas inician un intenso percorrido:”Temos que facer un importante traballo orgánico para poñer a organización en perfecto estado operativo, para lanzar a nosa mensaxe e para que a xente visualice a nosa opción progresista, galeguista, socialdemócrata e referencial para o país” manifestou Xoán Bascuas.

O dirixente galeguista vaticina que a campaña das eleccións de outubro será “moi agresiva” e non se falará de política. Pero adiantou que Compromiso establecerá “un discurso sereno, tranquilo, construtivo e propositivo”.

“Estou convencido de que estas eleccións van ser unha pedra de toque para Compromiso” dixo Bascuas que lanzou unha mensaxe “para aquela xente que xa non ve que o PP defenda os intereses do país, aquela xente que que pensa que o PSOE non responde os parámetros da socialdemocracia e aqueles nacionalistas e galeguistas que non teñen unha forza que lles dea acubillo.Hai opción de que haxa unha forza política propia e moderada”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos