13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Alfonso Rueda presentou o programa Leader 2014-2020

O programa europeo ten un orzamento de 84 millóns de euros xestionado polos 24 grupos de desenvolvemento rural.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda presentou hoxe no recinto da Semana Verde de Silleda, o programa Leader 2014-2020 que destinará 84 millóns de euros para proxectos no rural, que xestionarán os 24 grupos de desenvolvemenro rural, con socios públicos e privados. 

Rueda Valenzuela destacou o compromiso do goberno co medio rural “a través da reactivación demográfica e da dinamización económica” e pediu a implicación de tódolos axentes, públicos e privados nestes proxectos para “construír o rural galego de mañá”.Alfonso Rueda estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez que incidiu na filosofía do Plan de Leader de “mellorar as condicións de vida no medio rural” e onde “a poboación do rural define en que contorno quere vivir e cales son as políticas que se deben levar a cabo para acadalo”.

Ángeles Vázquez salientou ademais que os concellos “deben ser claves” na dinamización das propias entidades privadas que impulsan o Leader e no propio desenvolvemento do programa, “tanto como promotores de proxectos que incidan na mellora da calidade de vida dos seus veciños como sendo unha parte importante do conxunto para aglutinar a sociedade civil arredor dunha estratexia comarcal”.

Segundo a Xunta de Galicia o Plan Leader para o período 2014-2020 en Galicia ten como obxectivos mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural; mellorar ou implementar servizos para a poboación nas zonas rurais, favorecendo a mellora do nivel de vida da poboación, a inclusión social e a redución da pobreza. 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos