5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Bascuas:»Compromiso ten que escribir o seu propio libro»

Xoán Bascuas considera positivo que haxa unha alternativa seria e moderada en Galicia e afirma que probablemente aspire a ser o candidato á presidencia da Xunta de Galicia.

Unha alternativa progresista, socialdemócrata e galeguista

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas defendeu a necesidade de que Galicia conte cunha “alternativa seria e moderada” e pensa que “pode ser positivo para Galicia a consolidación  dunha forza progresista, socialdemocracia e galeguista” e como alternativa a un goberno do Partido Popular.

Nunha entrevista na Radio Galega, Bascuas amosouse convencido de que “Compromiso ten que escribir o seu propio libro” e doulle valor a existencia dunha alternativa electoral nestas coordenadas porque “o PP tamén ten que perder votos” e “O PSOE está sen liderado, sen dirección e sen candidato”.

“Compromiso por Galicia veuse para quedar”

Aínda que non o confirmou totalmente,Xoán Bascuas asegurou  que “ter a intención” de aspirar a ser o cabeza de cartel nas vindeiras eleccións autonómicas. Xa o fixera nos comicios de 2012 co partido recen nado.

“Compromiso por Galicia veuse para quedar” explicou Bascuas que lamentou que no nacionalismo “nunca houbo unha unidade real” e que se caeu nunha xeira de “darwinismo electoral”. Asimesmo recalcou  a aposta de Compromiso por un espazo de unidade nas pasadas eleccións, renunciando a presentarse aínda que non percibiu “vontade para chegar a un acordo”, o que supuxo a concorrencia de En Marea e de Nós.

Noutra orde de cousas e preguntado pola posibilidade dunha moción de censura en Sarria, Bascuas lembrou que as agrupacións locais de Compromiso teñen autonomía e que non “estamos pechados a nada” pero que no caso concreto deste concello non percibe moi factible nin explicable esa moción de censura que a día de hoxe é un ruxerruxe no municipio.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos