10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

«Alégrome que se presente Feijóo para asinarlle o despido»

Ana Pontón en Adiante Galicia:”Cando falamos do dereito a decidir estamos falando de cuestións do día a día”. Sobre as críticas internas a voceira nacional do BNG di que “cando a militancia decide hai que traballar pola unidade”.

Escoita ou descarga a entrevista con Ana Pontón

A portavoz nacional do BNG participou nas “Conversas na Encrucillada” e asegurou que un dos seus obxectivos é aportar “para dar unha alternativa de futuro a este país que está desolado” e que se produza “un cambio de 180 graos a partires das vindeiras eleccións”.

“Estamos nun proceso de conversas con persoas e organizacións”

Sobre os cambios efectuados desde a asemblea nacional, Pontón precisou que se mudou a diagnose:”Cando falamos do dereito a decidir estamos falando de cuestións do día a dia” como por exemplo “o espolio da enerxía eléctrica que é un recurso colectivo”.

Nesta conversa non precisou se estaría disposta a ser a candidata a presidencia da Xunta de Galicia e dixo que será a militancia a que toma esa decisión. O que si ten claro Pontón Mondelo é que “haberá unha candidatura nacionalista” que podería artellarse a carón doutras forzas:”Estamos nun proceso de conversas con persoas e organizacións, que será o que determine esa candidatura que rompa co centralismo”.

“Galiza está desaparecida de Madrid”

A portavoz do BNG pensa que xa pode haber xente que lamenta que o BNG non estea representando nas cortes españolas “porque Galiza está desaparecida en Madrid”.

Ana Pontón agradece que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo decidise “acabar coa farsa de carácter preelectoralista” sobre a decisión de presentarse e afirmou:”Alégrame de que Feijóo sexa o candidato porque nos vai a dar a ocasión de asinarlle a carta de despedimento nas vindeiras eleccións”.

Posición de país e traballo de unidade

Entre os reproches que lanzou a Feijóo está o sector naval e pesqueiro, o I+D+I ou do sector lácteo:”Enganou os produtores de leite dicindo que a solución viña dos acordos de Madrid”. Pensa neste asuntos fai falla unha posición de país”.

Con respecto a situación interna do BNG e as críticas e incluso abandonos sufridos, Ana Pontón dixo:”Cando a militancia debate e decide hai que traballar con unidade”.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos