3839 fans     1284 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

"A Coruña é a auténtica locomotora do noroeste español"

"A Coruña é a auténtica locomotora do noroeste español"

Actualidade | Publicada: 17/03/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
8
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 40 segundos.

Valentín González Formoso di que o debate político sobre o papel das deputacións débese admitir “como unha oportunidade, non como unha ameaza". O presidente da Deputación quere activar o motor económico que constitúe a provincia.

O presidente da Deputación provincial da Coruña, Valentín González Formoso defende unha revisión “Valente e seria”da arquitectura administrativa do Estado que mellore a eficiencia da administración e evite a solapación de competencias; considerando que o debate político que existe na actualidade sobre o papel das deputacións debemos plantexalo como unha oportunidade, non como unha ameaza".

Nun almorzo informativo do Nueva Economía Fórum, o presidente da Deputación da Coruña pensa que é “unha asignatura pendente” adoptar medidas para ter unha administración “máis áxil e eficiente”. No caso das institucións provinciais pensa que "conservan anacronismos e inercias do pasado" como "o propio sistema indirecto de elección dos deputados provinciais, amplamente descoñecido e pouco adaptado á realidade social do noso país".

González Formoso manifestou que “a nosa provincia é a auténtica locomotora económica do noroeste español, referencia cultural e educativa" e destacou que a vontade do organismo que preside é precisamente “un novo modelo de xestión” orientado cara a xeración de actividade económica e emprego.

Na súa intervención, Formoso tamén resumiu distintas iniciativas do seu goberno como o Plan de Aforro e Investimentos (PAI), Plan Activamos, ou o P.O.S. e indicou que o goberno provincial aprobou nestes oito meses "preto de 90 millóns de euros a investimentos nos concellos mediante plans con criterios obxectivos", o que considerou "unha cifra récord" para unha administración cun orzamento de 175 millóns. 

Neste sentido, anunciou a posta en marcha nos vindeiros meses de "cinco novos plans destinados ao financiamento de investimentos medioambientais, de protección do patrimonio histórico-artístico dos nosos municipios, de apoio ás entidades sociais da provincia, de axuda ás iniciativas de colaboración intermunicipal (fusións, consorcios e mancomunidades) e de fomento do emprego" que sumarán outros 18 millóns de euros.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

El presidente de la comisión de A Xunqueira reconoce la deuda y defiende su honorabilidad

El presidente de la comisión de A Xunqueira reconoce la deuda y defiende su honorabilidad

Francisco Brea percibe un “interés político” detrás de la polémica surgida y está dispuesto a tomar las medidas…

Ler máis
 Culebras y víboras de Galicia

Culebras y víboras de Galicia

En Galicia habitan ocho interesantes especies de ofidios. Solo dos de ellas son víboras, y una de estas está localizad…

Ler máis
Ponte do Porto recupera el Caldo de Riola

Ponte do Porto recupera el Caldo de Riola

El próximo sábado 29 de julio en el barrio do Outeiro, de Ponte do Porto.   El caldo de riola es una variente…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Día de Galicia - 25 Julio 2017
Enova Energia
Festival da Luz Gadis 2017
KNM Abogados
Verán Xalleiro 2017
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Día da patria galega/Día de Galicia, xornada de pedagoxía galeguizadora

Xosé González Martínez

Presenciei moitas veces a mesma escena, aínda que con distintos protagonistas. Rematada a manifestación para reclarmar  protección gobernamental p…

Xosé González Martínez
Ler máis

Saiamos a rua a festejar !! Um novo tratado de livre comércio foi un feito!!!

Daniel Lago

Isso seria a lógica mesma, que deveria de funcionar logo da posta em marcha do JEEPA, o acordo de livre comercio entre a UE e o Japão.   Na c…

Daniel Lago
Ler máis

I +D + I + G

Xosé González Martínez

En certa ocasión fun levado a coñecer unha Escola de Negocios dunha entidade financieira. O seu director foime amosando as modernas instalación dot…

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información