12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

«Sen primarias e con imputación non se pode ser alternativa»

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, pregúntalle a Besteiro se o adiamento das primarias socialistas se debe a imputación polo caso “Garañón”.

¿Gobernabilidade de España ou Caso Garañón?

Xoán Bascuas dirixiuse a Xosé Ramón Gómez Besteiro a través dos medios de comunicación para preguntarlle pola súa decisión de aprazar o proceso de primarias: ¿ O que quere é que se aclare a situación de gobernabilidade no Estado antes e convocar primarias en Galicia, ou máis ben o que quere é que se aclare a súa situación xudicial polo caso Garañón”.

O secretario xeral de Compromiso por Galicia advirte que “así, sen primarias e con imputación xudicial, non se pode ser alternativa de goberno”. Bascuas tamén lle quixo lembrar  ó líder dos socialistas galegos que “Pachi Vázquez e Méndez Romeu estanlle as despexar Gómez Besteiro as súas dúbidas, segándolle a herba baixo os pés e mantendo unha secular tradición do Partido Socialista, no canto de formular solucións aos problemas da cidadanía galega”.

 

Os problemas de Galicia ausentes dos debates do congreso

Recentemente, Xoán Bascuas tamén saíu a palestra para criticar que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo supedite o calendario das eleccións galegas as directrices do PP de Madrid, e tamén lamentou que no debate de investidura os problemas de Galicia non estiveran presentes e que a comunidade non tivera peso nin relevancia nas negociacións para formar o goberno do estado español.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos