7.1 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

A Xunta de Galicia abre o portal da transparencia

Desde este 7 de marzo está operativo o “Portal da transparencia e goberno aberto” da Xunta de Galicia.

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, presentou o ‘Portal de Transparencia e Goberno Aberto’, que se puxo a andar coincidindo coa entrada en vigor da Lei de Transparencia e Bo Goberno.Segundo Prieto estamos ante un “punto único, directo e centralizado” para que os cidadáns poidan acceder a información do goberno galego, distribuídos en catro bloques: transparencia, temas, solicitude de acceso á información pública e outras organización.

O enderezo deste portal é   http://transparencia.xunta.gal   aínda que tamén se pode acceder desde a web da Xunta de Galicia.    

“Unha ferramenta viva e dinámica con vocación de mellora permanente”

  
Natalia Prieto
asegurou que o ‘Portal de Transparencia e Goberno Aberto’ nace coa finalidade de ser “unha ferramenta viva e dinámica cunha vocación de mellora permanente” e de fomento da participación da cidadanía nos asuntos públicos e que, precisamente por iso, irase incorporando nel aquela información pública que solicite con maior frecuencia a cidadanía. 

Segundo a Xunta desde agora “calquera persoa poderá atopar unha maior cantidade de información da que dispoñían ata o de agora -e máis da que establece a lexislación básica estatal- e solicitar electronicamente calquera tipo de información pública”.

Pretendeuse artellar un sistema de navegación sinxela e recoller nun mesmo espazo distinta documentación que estaba dispersa. Pódese acceder a información tanto en galego como en castelán.Tamén se inclúe neste portal o acceso ó Valedor do Pobo e ós seus servizos.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos