12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Pequeño Castro destaca o ritmo inversor da Deputación coruñesa

A Deputación da Coruña licita obras de mellora na rede provincial de estradas por importe de máis de 16 millóns de euros.

O deputado responsable da área de Vías e Obras da Deputación provincial de A Coruña, José Manuel Pequeño Castro destaca “o importante ritmo inversor que, grazas a unha xestión eficaz dos recursos, está a levar a cabo a área de Vías e Obras da Deputación da Coruña dende a entrada, hai sete meses, do novo Goberno provincial presidido por Valentín González Formoso”.Pequeño incidiu na importancia que esgte volume inversor vai ter  “tanto na mellora das infraestruturas viais como na creación e mantemento do emprego nas numerosas empresas da provincia que se encargan de realizar os traballos”.

Segundo fontes do goberno provincial neste momentos están en fase de licitación obras de mellora e conservación na rede provincial de estradas por importe de 16.128.239,40 euros, que se correponden cun total de 15 obras noutros tantos concellos da provincia, ás que hai que sumar o Plan de Conservación de Estradas 2016, que ascende a 11,3 millóns de euros e que contempla a execución de distintos traballos de mellora do firme, rebacheo e limpeza de cunetas nos 2.105 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria provincial.

O responsable de Vías e Obras provincial, e tamén alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño pensa que a idea de aprobar o plan de conservación a finais do ano 2015  “vai a permitir axilizar a contratación e execución das obras incluidas no mesmo e realizalas durante a época de bó tempo, de xeito que a maior parte delas estean rematadas antes da época estival”.Ademáis destes importantes investimentos, o organismo provincial coruñés aprobou en pleno 1,5 millóns de euros máis para sete proxectos de mellora en estradas provinciais que saíran a licitación próximamente e está a levar a cabo expropiacións noutros sete viais por importe de preto de 4 millóns.

 

FOTOS- Adiante Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos