7.1 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

«A xente de Podemos Galicia quere debater e decidir»

Breogán Riobóo fala para Adiante Galicia.Asegura en “Conversas Na Encrucillada” que non anunciou que se ía a presentar a secretaría xeral porque “agora non toca”. Afirma que o seu único propósito foi sempre velar polo cumprimento dos documentos aprobados pola militancia na asemblea de Vista Alegre e pide que se respecten as decisións dos territorios.

Breogán Riobóo síntese apoiado polas bases

O secretario xeral de Podemos asegurou que logo de participar en 18 asembleas en toda Galicia e falar con preto de mil simpatizantes de Podemos síntese apoiado polas bases porque “a xente agradeceu que saíra esa posibilidade e está desexosa de falar, a xente de Podemos quere debater cara a cara para decidir conxuntamente”.

Nunha nova entrevista do podcast de Adiante Galicia, Riobóo lembrou que iso foi precisamente o que suxeriu e que provocou unha tormenta política intensa:”Eu poñía sobre a mesa tres escenarios conxuntos que había e que segue habendo para falar e debater conxuntamente”.

A pesar de toda a polémica, o político naronés está convencido de que realizou “un acto de coherencia e responsabilidade” para “analizar un proceso electoral e o seu contexto de cara o futuro” e deixou claro que “non me decantei por ningunha das tres opcións”. Aínda así considera que a maioría das bases apoiarían unha confluencia como a de En Marea aínda que “no proceso de En Marea houbo cuestións que non estiveron garantidas”.

«Agora non toca. Terei que ser eu o que o diga se me presento»

O obxectivo de Breogán Riobóo neste momento é seguir colaborando “nun proxecto no que creo firmemente” e traballar “para que se cumpran os documentos que aprobamos milleiros de persoas”. Recoñeceu certas intromisións do aparato estatal e lamentou a existencia de “cuestión que non se están cumprindo como se deben” e a necesidade de que “un partido que cree no estado plurinacional respecte as decisión que se adoptan nos territorios”.

Sobre a súa posible candidatura que hoxe mesmo anunciaba algún xornal como La Voz de Galicia, Breogán Riobóo foi rotundo:”Non toca agora mesmo. Eu non falei con ningún medio de comunicación desde fai días e tería que ser Breogán o que o diga”.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos