13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Raquel Arias:»A renovación non é cuestión de caras»

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, aspira a sustituir a Xosé Manuel Barreiro na dirección do partido na provincia. Terá como adversaria a alcaldesa de Mondoñedo e voceira na Deputación, Elena Candia. 

Buscar un feedback máis rápido coa sociedade

Segundo Raquel Arias  as dúas candidatas, representan “sensibilidades distintas” nun proceso electoral que debe ser “unha posta en común de puntos de vista para enriquecer un proxecto”. Nunha entrevista no programa “Galicia por Diante”da Radio Galega, a política de Sober pensa que o Partido Popular ten que facer autocrítica “porque perdemos apoios” e apuntou que “a renovacion non e unha cuestion de caras senón de actitudes”.

Arias defende a idea de “estar máis preto da sociedade, escoitar máis e estar máis conectados” dotando ao partido dunha estrutura áxil e flexible que permita “ter un feedback rápido”.

 

Arias apoia a idea de que poidan votar os afiliados directamente

Tamén pensa que a militancia ten que ter “un peso real” e anunciou que na súa candidatura “haberá militantes de base”. Agradeceu o apoio do exalcalde Joaquín García Díez e apoiou a idea de que en vindeiras convocatorias haxa “unha participación directa dos afiliados e cada militante teña un voto”.

“O noso é un proxecto de debate non de repartir sillóns” explicou Arias que avanzou que ser elixida impulsará a costume de que os dirixentes “ expliquen o seu traballo ós nosos militantes nas sedes do partido”.O XVII Congreso Provincial do PP de Lugo terá lugar o vindeiro 6 de marzo no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos