2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Ángeles Vázquez:»Estamos protexendo ó sector lácteo»

A conselleira do Medio Rural, Ángelez Vázquez asegurou que por mor dos controis do “leite negro” procedente de Portugal “algunha industria deixou de importar” despois dun mes de xaneiro “no que se fixeron máis inspeccións que en todo o 2015”, un total de 95 dispositivos.

Vázquez Mejuto defendeu estas medidas orientadas a “sancionar e disuadir” porque “estamos protexendo ó sector” e tamén informou que se iniciaran varios expedientes sancionadores durante as datas de nadal “por venda a perdas e publicidade enganosa” en distintas áreas comerciais.

Pedirá en Bruxelas  un control máis férreo do mercado

En declaracións ao programa “Galicia por Diante” da Radio Galega, a conselleira anunciou que insistirá diante da Unión Europea (hai unha xuntanza próximamente en Bruxelas) na necesidade de establecer “un control máis férreo do mercado” que evite a venda a perdas e recoñeceu que a desaparición do sistema de cotas foi un fracaso porque o sector non estaba preparado e “o mercado en vez de regular o que fixo foi estrangular”.

Ángeles Vázquez insistiu en demandar ao gandeiros que se organicen a carón das organización de produtores e afirmou que o seu desexo “é que teña futuro o gandeiro e o medio rural”.Considera fundamental que se implante o decreto lácteo “porque é o único que nos pode amparar e está tardando en chegar”.

Sobre a polémica de ENCE, Vázquez asegurou que non lle gustaba a actual ubicación pero incidiu en que “temos un sector forestal que é moi importante e da moitos postos de traballo en Galicia”.

A conselleira valorou o traballo iniciado para promover un plan de fortalecemento do sector xunto con representantes vencellados ó sector lácteo que se volverán a xuntar este mes de febreiro e marcou como reto levar a cabo distintas concentracións parcelarias para facilitar o acceso á terra dos agricultores.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos