Audio no interior da nova.Manoel Vello Salvado analizou nunha entrevista o momento actual do galeguismo cunha historia con semellanzas.“Non podemos cometer os mesmos erros e aplicar as mesmas terapias”indica.
Compromiso “naceu para perdurar no tempo”
O secretario de organización de Compromiso por Galicia, Manoel Vello abogou por non repetir os vellos erros do nacionalismo e traballar con “ilusión e tranquilidade” desde un proxecto “sensato e galeguista” como o de Compromiso por Galicia que “naceu para perdurar no tempo e medrar”.
Nunha entrevista para “Conversas Na Encrucillada”, Vello Salvado confirmou que en base ó mandado do Consello Político da organización “estamos falando con outras forzas para unha candidatura galega unitaria”. Senón sae adiante esta proposta “haberá que buscar unha alternativa”, e serán os afiliados os que decidan en abril.
“Baixóns electorais, trifulcas humanas e egos”
O político galeguista analizou diversos intres onde o nacionalismo estivo “na encrucillada” como o congreso do Partido Galeguista nos anos oitenta, ou a situación de Esquerda Galega, Coalición Galega e o propio BNG, onde chegou a militar Vello. Fracasos de proxectos políticos que se viron afectados por “baixóns electorais, trifulcas humanas, colocación de postos e egos”.
Lembrou que o dilema semella repetirse e a “eterna cuestión” radica en valorar “sumarse as forzas maioritarias e emerxentes e galeguizar os partidos que teñen a súa dirección en Madrid”.
“Non podemos cometer os mesmos erros e aplicar as mesmas terapias”
Tamén se referiu a figura de Xosé Manuel Beiras “que fai tempo que non ten partido político” e que se centrou “en desenvolver a súa figura personal axudándose en militantes que o apoiaron, primeiro foron os da UPG e os indepndentes e agora séntase en estruturas pequenas como a F.P.G., ou o Encontro Irmandiño”.
Manoel Vello foi o primeiro convidado no podcast de entrevistas “Conversas na Encrucillada” de Adiante Galicia, e onde Xosé Manuel Lema entrevistará a distintos persoeiros da actualidade de Galicia.
Se queres contactar connosco