16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Conversas na Encrucillada, en liña con…

Protagonistas da actualidade galega participarán no primeiro podcast radiofónico de Adiante Galicia, desde a vindeira semana.

Adiante Galicia segue ofertando novidades. A partir da vindeira semana botaremos a andar un podcast radiofónico chamado “Conversas na Encrucilla- En Liña con” e que será presentado polo director deste xornal, Xosé Manuel Lema.

Formato de conversa telefónica

Será un programa de entrevistas telefónicas que se poderá escoitar ou descargar tanto na sección de radio da nosa web como desde as redes sociais.Serán conversas telefónicas desenfadadas e sen curtes con persoeiros da política, cultura e sociedade de Galicia, conservando ese formato da charla telefónica entre un redactor de Adiante e o protagonista.

A partires da primeira entrevista, os ouvintes do podcast poderán propoñer convidados e formular preguntas os persoeiros que acepten participar no podcast e que serán anunciados previamente.

¿Queres colaborar con Adiante Galicia?

O nome do podcast pretende render homenaxe a un popular programa radiofónico que se emitiu en Radio Xallas e tamén desde Fórmula Fun Bergantiños.Tamén nos vindeiros días botarase a andar  o Club Adiante

Se estás interesad@ en colaborar con artigos, fotos, información con Adiante Galicia contacta connosco.Para contactar con Adiante Galicia 881817525 – 627217963 (Whatsapp e Teléfono) ou contacto@adiantegalicia.es

Tamén ao traverso desas canles podes enviarnos notas de prensa ou informarte sobre as nosas tarifas de publicidade, para que o teu negocio chegue a milleiros de persoas cada día a prezos moi asequibles.

Foto- http://asumelol.com/

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos